26 feb 2011

Semana do Entroido

A próxima semana celebramos no centro o Entroido, por iso durante os cinco días da semana mestres e alumnos deberemos ir ó colexio disfrazados segundo as seguintes propostas (feitas por Tere):
LUNS: O Entroido empeza, adorna a túa cabeza.
MARTES: Con gafas e pintura mostrarás a túa cara dura.
MÉRCORES: Continuamos para adiante e traeremos o pescozo elegante.
XOVES: Para que esperte a risa prepara a chaqueta e a camisa.
VENRES: O venres coa festa rematamos e ata o vindeiro xoves nos marchamos.
Esta semana promete....estou segura de que máis de un/unha nos sorprenderá cas súas ideas, e ademais ¡iso non é todo! Non esquezades que o venres celebraremos a festa de Entroido no colexio. Eu coñezo a máis de un/unha que está desexando que chegue o día ;)

2 comentarios:

  1. Desfrutade moito da semana!!! As propostas parécenme moi atinadas, doadas de preparar e divertidas ó mesmo tempo. Sabede que desde a casa tamén gozamos preparando o que toca para cada día, non vos imaxinades o ben que queda, ós pés da cama, o montonciño de roupa para mañá incluíndo perruca e/ou sombreiro... jajajaja
    Pasádeo moi ben!!!!

    ResponderEliminar
  2. (Irene) Eu xa estou desexando que chegue mañá para ver con que nos sorprendedes :) Desde logo a semana promete...por un lado estamos a vivir sorpresas grazas a esta actividade e por outro, mestres e alumnos, estamos traballando arreo para a celebración do entroido este venres: disfraces, ensaios... pero todo con moita emoción e ilusión ;) Saúdos.

    ResponderEliminar