24 feb 2011

Chegou o entroido!

Parece que estos días chegou o bo tempo pero...¡iso non é todo! ¡Tamén chegou o entroido! 
Todos os nenos e nenas de infantil e preescolar reuníronse onte, 23 de febreiro, para facer unha festa de disfraces, onde comeron, xogaron....vestidos con traxes do máis variado e divertido. Velaquí unha imaxe dos mesmos:


Pero o espíritu de entroido tamén chegou a primaria. Os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º confeccionaron bocas e orellas xigantes. Velaquí dúas imaxes destes seres extranos que invadiron o colexio :)


Remato esta entrada cun vídeo onde podedes ver máis imaxes da festa de disfraces, destes seres extranos que mencionei e....¡un adianto de todo o traballo que están a facer os nenos e nenas do cole preparando a festa de entroido da próxima semana! 

4 comentarios:

  1. O das orellas non quere decir nada... E broma,que guapos están todos.Xanos tarda ver os próximos disfraces.

    ResponderEliminar
  2. Pois si que están guapos, si, e que contentos se ven!! As bocas e orellas son graciosísimas, que boa idea!
    A ver entón con que nos sorprendedes, unha vez máis, no Entroido. Agardamos con ansia e ilusión ;)
    Por certo, moitas felicidades por esas 5000 visitas ó blog. Que éxito!!!! Un saúdo.

    ResponderEliminar
  3. (Irene) Grazas polos vosos comentarios! Alégrome que vos gusten pero máis aínda vos van gustar os disfraces de entroido, estou segura :) Xa vos queda pouquiño que agardar, non falta nada!
    5000 visitas! Non mo podo creer...está en camiño unha entrada para agradecervolo ;)
    Saúdos.

    ResponderEliminar
  4. Ola, son Rosalía. Xa me tarda o venres para ir disfrazada ó cole, estámolo pasando moi ben facendo os disfraces de... (non se pode dicir, é unha sorpresa). Un bico!

    ResponderEliminar