Nesta ocasión escribo para ensinarvos que fixeron os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º, na clase de plástica. Trátase dunhas velas de diferentes modelos de animais: peixes, paxaros, porquiños... Eu proporcioneilles a cera, que é semellante á plastilina, é dicir, moldease ca calor das mans; e tamén o resto de material preciso como o fío da vela, ferramentas de plástico para facer as pezas... De seguido fágovos mostra dos resultados a través dun par de fotografías:
¿Que vos parecen as obras destes pequenos artistas? ¿Que opinades sobre este tipo de manualidades? ¿Que outras me propoñedes? Non esquezades que xa falta pouco para o entroido e os nenos e nenas estanse preparando para traballar arreo, así que non vos perdades as novedades do blog.
Eu seivos dunha que xa botou contas dos meses que lle faltan para cumprir anos e a ilusión coa que calculaba non tiña que ver coa tarta, tampouco falou de regalos... pero si preguntou se podería soprar esa vela o día do aniversario!!!
ResponderEliminarQuedáronvos chulísimas!! Noraboa e grazas por amosárnolas!!
(Irene)JA JA JA! Que pilla é esa pequena :) Non pensara eu niso de soprar a vela... Déchesme unha nova idea, ¡ca cera tamén poderíamos facer números segundo a idade que cumpran! Graciñas :)
ResponderEliminarCreo que o que estades a facer eh xenial,quedaronvos moi ben.Sobre o de facer números eh moi boa idea,eh como dixo Sabela grazas por amosárnolas.Haber que nos preparades po entroido,seguro que nos sorprendedes.
ResponderEliminar(Irene) ¡Graciñas de verdade! Teño que dicir que tamén se aceptan críticas eh, jeje!
ResponderEliminarPois sobre o entroido só vos podo adiantar que xa comezamos cos preparativos peeeeeero o resto deixámolo como sorpresa ;)