27 feb 2013

Excursión a Telelugo, Progreso e Ludoteca

Hoxe, mércores 27 de febreiro, os alumnos e alumnas do CEIP de Muimenta visitaron as instalacións de Telelugo (redacción, arquivo, plató...). Logo os nenos e nenas de infantil disfrutaron dunha hora de xogo na Ludoteca do CC. As Termas mentres os rapaces e rapazas de primaria visitaban as instalacións do Progreso.


8 feb 2013

Semana do entroido


Para o entroido comezar a festexar de Gerónimo Stilton nos imos disfrazar:

- O luns unha garabata traerás
   e ao pescozo a colgarás.
- O martes unhas gafas poñerás
      e moi simpático estarás.
- O mércores unha chaqueta elegante lucirás
      e a Gerónimo semellarás.
- Se te fas un bigotes
      e te pintas o nariz
      coma este rato o xoves
      acabaste de vestir.

Festa do entroido, 8 de febreiro, 2012

- Os presentadores eran dúas marionetas (Loliña e Pepiño), representadas por Sergio e Marta.
- "Susanita tiene un ratón", a cargo dos pallasos de Educación Infantil.
-  "El baile del mago", a cargo dos magos de 1º, 2º e 3º.
- Actuación ca música "Alegría", a cargo das acróbatas, domador, tigre, bastonera, malabarista e forzudo de 4º, 5º e 6º.
- "Había una vez un circo", a cargo de todos os membros do circo.
- Lectura do testamento do meco, a cargo de Zaira e Irea.
- Por último, queimamos o meco e comemos uns ricos manxares típicos destas datas. GRAZAS!

Festa do entroido