20 nov 2012

O magosto

Para festexar o magosto no cole alumnos e mestres xuntámonos o venres pasado, sobre as doce da mañá, no patio. Alí dividíronse os nenos e nenas en catro grupos (amarelo, verde, morado e marrón) para disfrutar dos seguintes xogos:
- Pasacastañas
- Os bolos castañeiros
- 3 castañas en raia
- Encestacastañas
- Atopa a castaña
Para rematar a festa cada un colleu o seu cucurucho e probamos as castañas asadas. 
A continuación poderedes ver un vídeo con imaxes do que vos conto:


13 nov 2012

Bichiños

Dende o ano pasado, o CEIP de Muimenta participa no deseño e confección do calendario "Estiño". Este ano trata sobre os "bichiños", por iso o recanto de Tina xa conta con libros relacionados con este tema, que os alumnos e alumnas poderán utilizar para documentarse.

9 nov 2012

A pirámide dos alimentos

Déixovos unhas fotos para que vexades como fixeron e como lles quedou, a pirámide dos alimentos, ós nenos e nenas de 1º, 2º e 3º. Espero que aprendesen moito!


7 nov 2012

Entrando no mundo dos cogomelos

Os alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º recolleron cogomelos durante estes días e troixéronos á aula para traballar con eles. Despois de coñecer as partes dun cogomelo, iniciáronse na clasificación mediante o uso de claves.