15 feb 2011

Que ben se portaron os reis!

Nesta ocasión escribo para contarvos de que se trata unha actividade levada a cabo cos nenos de 1º, 2º e 3º por Jacobo, mestre de educación física e titor de ditos alumnos. Dita actividade levouse a cabo durante o mes de xaneiro e parte de febreiro, durante un anaco de tempo das xornadas dos venres. Consistiu en que cada alumn@ trouxera da súa casa un xogo para compartir cos seus compañeiros. A maioría deles recibira algún xogo por reis, polo que non houbo ningún problema, ó contrario, a veces na casa non dispoñen de compañeiros de xogo (irmáns, familiares...) para gozar cos mesmos. 
O xogo é unha actividade que fai que os alumnos gocen e se divirtan ó mesmo tempo que se utiliza como ferramenta educativa. Moitos dos xogos que os alumnos e alumnas trouxeron axudan a desenvolver habilidades e destrezas intelectuais, afectivas e sociais; ó mesmo tempo que traballan en equipo e aprenden a respetar as normas do xogo, a ter metas e obxectivos.
De seguido preséntovos algunhas fotografías dos alumnos e alumnas con ditos xogos de mesa:
Trivial Pursuit
Antón Zampón
Canica ¡pum!
Gestos
¿Que vos parece esta actividade?¿Considerades importante o xogo desde o punto de vista educativo?

2 comentarios:

  1. Non cabe dúbida de que o tema do xogo dá moito xogo ;-)
    Paréceme importantísimo que xoguen cos nenos/as da súa mesma idade pois aínda que na casa toda a familia nos prestemos para xogar co pequeno non deixará de ser a petición del ou dela, aceptando a miúdo que poña as "súas" normas, dirixa o xogo e ás veces incluso "deixándonos gañar" para que desfrute e estea contento/a. Creo que iso non é bo e non ocurrirá se xoga cos seus iguais. Esta é unha das razóns polas que vexo interesantísima a experiencia que levastes a cabo con eses cursos. Noraboa!
    Tamén considero moi positivo o fomento deste tipo de xogos que lles axudan e ensinan a compartir tanto o propio xogo como ideas e estratexias para xogar. Penso que debemos fomentar esta situación fronte á imaxe, por desgraza frecuente, na que se ven grupos de nenos e nenas aparentemente xuntos pero illados cada un coa súa consola ou xogo individual.
    Grazas!!! Un saúdo.

    ResponderEliminar
  2. (Irene) Perdón pola tardanza! Aínda que a veces se lles deixe gañar, como dis, eu opino que é importante tamén o xogo en familia para crear un bo clima de convivencia e compartir momentos divertidos todos xuntos. Pero por suposto entre nenos e nenas da mesma idade é diferente, compiten, aprenden a gañar pero tamén a perder, a xogar en grupo, a esperar a súa quenda...en definitiva, ¡ten moitas vantaxes! Saúdos ;)

    ResponderEliminar