O día de San Valentín pode significar na aula un momento axeitado para traballar temas transversais do currículo de forma que poidamos atender non só as capacidades cognitivas ou intelectuais senón tamén ás capacidades afectivas do noso alumnado, de relación interpersoal e de inserción e actuación social. Precisamente por iso aproveitamos esta semana para celebralo cunha actividade que a continuación vos explico:
Dende o luns ata o venres o centro contou cun "recanto de San Valentín", onde os nenos e nenas dispoñían dunha mesa con distinto material para escribir cartas ou facer debuxos aos seus compañeiros e mesmo mestres; e tamén un buzón para meter ditas cartas ou debuxos. Esta actividade proporcionounos a escusa perfecta para que os alumnos e alumnas expresaran afecto aos seus compañeiros do colexio.
Á esquerda o "recanto de San Valentín" e á dereita algúns dos debuxos e cartas feitas polos alumnos e alumnas. |
Así mesmo, tamén se fixeron outras actividades, con motivo desta conmemoración, como por exemplo: os alumnos e alumnas de infantil fixeron dentro dun corazón debuxos e escribiron mensaxes para a súa familia; ou tamén os alumnos de 1º, 2º e 3º leron un poema e fixeron unha ficha sobre a amizade.
De seguido, e posto que unha imaxe vale máis que mil palabras, móstrovos un vídeo onde podedes ver fotografías: do recanto de San Valentín, dos nenos e nenas de 1º, 2º e 3º facendo a ficha da amizade, dos nenos e nenas de infantil cos seus debuxos para a familia, metendo as cartas para os seus compañeir@s no buzón e, por último, das nenas de 6º (carteiras da amizade) repartindo os agasallos a todos os alumnos e alumnas do centro (e tamén mestres, os cales estamos moi agrecidos polo cariño mostrado).
¿Que vos parece o enfoque que lle demos a esta conmemoración? ¿E as actividades que levamos a cabo? ¿Opinades que poden servir para mellorar a convivencia no centro?
Foi moi divertido festexar o San Valentín desta forma.Espero que sigamos a festexar asi outras cousiñas.:D
ResponderEliminar¡UN SAUDO!
(ANABEL)