1 feb 2011

Excursión (31-01-11)

O pasado luns, 31 de xaneiro, ós nenos e nenas do noso colexio tocoulles madrugar para facer unha excursión á Coruña. A primeira visita foi ó Aquarium Finisterrae (dende onde podiamos ver a Torre de Hércules) e a segunda á Casa das Ciencias, situada no parque de Santa Margarita (onde comemos o xantar).
> Na primeira visita, no Aquarium, os alumnos e alumnas participaron en dúas actividades. Na primeira delas encontráronse cunha gran pantalla esférica, que facía posible observar a Terra desde fóra, como os astronautas. Recibiron unha explicación, responderon a unhas preguntas sobre o noso planeta e para rematar sinalaron onde vivimos. A segunda actividade xirou en torno aos tiburóns. Primeiro recibiron unha explicación sobre os mesmos e viron un vídeo, e logo puideron ver e tocar ovos, anacos de pel e dentes de tiburón. Para rematar esta actividade os nenos e nenas tocaron os tiburóns gato, algúns moi atrevidos fixérono sen pensalo pero outros deron o paso con certo medo.
Despois deste par de actividades mestres e alumnos fixemos unha visita libre ó Aquarium. Puidemos observar diferentes especies mariñas (en xeral as que máis chamaban á atención eran a raia, o polbo e a estrela de mar), coñecemos o tiburón macho (chamado Gastón) e o tiburón femia (chamada Hermosa) e, para rematar, saímos ó exterior para ver as focas, que estaban comendo.
> A segunda visita, á Casa das ciencias, comezou no Planetario dixital. Alí gozamos dun conto titulado "A noite do vampiro" (podedes atopar máis información no seguinte enlace: http://mc2prensa.blogspot.com/2009/07/o-planetario-da-casa-das-ciencias.html). En dito conto o vampiro contrata a un científico para que constrúa un simulador de ceo. Dito artefacto permitiunos ver o ceo estrelado e viaxar a outros planetas como Marte ou Saturno (vendo deste xeito como son os seus aneis).
A continuación, dirixímonos cara as demais plantas de exposicións, para gozar de diferentes módulos interactivos e experimentos físicos. En xeral, o eu máis chamou á atención foi un aparello de facer pompas xigantes, os pitiños acabados de nacer do ovo ou o péndulo de Foucault (situado no cano da escaleira central). 
Sen máis dou paso a un vídeo con fotografías da xornada:

4 comentarios:

  1. A verdade é que entre os comentarios dos pequenos e agora esta completa reportaxe fotográfica, facedes que case nos sintamos coma se estiveramos o luns en Coruña ;)
    Grazas Irene, por todo ese tempo que se intúe detrás de cada entradiña que fas. Noraboa!

    ResponderEliminar
  2. (Irene) Alégrome de que vos sintades así, como se estiverades de excursión con todos nós ;)
    O que sinto é que as fotografías non sexan mellores, pero como xa sabedes,non está permitido o uso de flash nestes museos :(
    Aínda así graciñas, ¡todo o tempo empregado é recompensado!

    ResponderEliminar
  3. enhorabuena Irene ,as fotos están moi ben,e o traballo que facedes xa nin comentalo,fantástico.
    Gracias por poder ver os nosos pequeniños o ven que o pasan.

    ResponderEliminar
  4. (Irene)Perdoa "zarimimo" que non me decatara do teu comentario. Graciñas polas felicitacións, pero a noraboa hai que darllela ós nenos e nenas que se amosan sempre moi participativos e voluntariosos en todas as actividades propostas, e máis aínda se se trata dunha excursión, jeje :)
    Grazas tamén por pasarte por aquí e deixar o teu comentario. Un saúdo :)

    ResponderEliminar