30 abr 2013

Visita ó planetario

Hoxe, 30 de abril, os alumnos e alumnas de primaria acudiron ó recinto feiral onde mañá se celebra a XXII Festa da Filloa para visitar un planetario e adentrarse, deste xeito, no mundo da astronomía e a bioloxía. 
Este planeta móvil consiste nunha cúpula hinchable na que se proxectan vídeos sobre astronomía, en concreto, móstrase o firmamento que se pode ver nestas latitudes ó longo das catro estacións do ano, descríbense as principais constelacións e tamén se repasan algunhas das lendas e mitos relacionados cas estrelas. 
Planeta móvil
Dentro do hinchable

29 abr 2013

XIII Rebumbio matemático 2012-2013

Tres alumnos de sexto de primaria participaron o venres pasado, 26 de abril, no XIII Rebumbio matemático organizado pola Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática. 
Sandra Lamas Díaz, Paulo Montero Núñez e Jose Basanta Díaz, traballaron en equipo para resolver seis problemas de forma cooperativa, durante case dúas horas. 
Agardamos impacientes por saber cal será a valoración do Xurado da Fase Final, desexándolles moita sorte para que pasen á seguinte fase que se celebrará o próximo 31 de maio. 

Día do Libro (23 de abril)

Con motivo da celebración do día do libro, ó longo da semana os nenos e nenas do colexio fixeron varias actividades en torno a este tema. 
A nivel de centro, fíxose un intercambio de libros co cal cada neno e nena troixo un libro da súa casa e levouse outro de agasallo. 

Tina, a nosa mascota da biblioteca, estaba moi contenta xa que o seu recanto encheuse de libros e ademais non deixou de recibir visitas na biblioteca posto que os nenos e nenas acudiron a ela para a realización de distintas actividades. 








  • Por exemplo, unha delas foi que cada alumno de primaria escolleu un libro e fixo o correspondente debuxo e título da portada. 
  • Tamén viron un vídeo relacionado con esta celebración: "La estrella Alcanzar" (unha historia de amizade e lecturas de Cristian Galaz e Andrea Ugalde).
  • Outra actividade foi a realización, por parte dos máis pequenos e pequenas do colexio, dun libro que eles mesmos inventaron, escribiron e ilustraron. Parabéns a todos e a todas!!

18 abr 2013

Rosalía Montero Núñez finalista!

Rosalía Montero Núñez, de 8 anos, quedou finalista entre 80 nenos e nenas, no concurso "Deseña unha xoia para a túa nai". Os debuxos participantes case chegaron a 8000, de toda Galicia. Polo tanto, só nos queda darlle a noraboa de parte de todo o colexio e desexarlle moita sorte na selección dos doces finalistas que optarán por esa xoia para a súa nai. A continuación tedes o debuxo e un enlace con máis información:


http://www.coxga.es/mostrar_noticia/163/finalistas-do-iv-certame-desena-unha-xoia-tua-nai/

PARABÉNS TAMÉN ÓS DEMAIS PARTICIPANTES ;)

17 abr 2013

Excursión a Lugo (17-4-13)

Hoxe, mércores 17 de abril, alumnado e profesorado fixemos unha viaxe ata Lugo para ver unha obra teatral sobre o camiño de Santiago no Auditorio Gustavo Freire e para acudir a un taller de plástica con actividades asociadas a diferentes pintores importantes.

Actores representando unha aventura no camiño

Taller de plástica

15 abr 2013

Contacontos da Editorial Kalandraka (10-4-13)

Un ano máis, Patricia e Álex, visitaron o colexio para contar ós nenos e nenas uns contos da editorial kalandraka ("A galiña roxa", "Os petos de Loreto" e "Crictor").

Mentres Patricia conta e canta, Álex toca o acordeón
"Crictor" é unha serpe moi divertida
Os nenos e nenas tamén cantan