3 feb 2011

O Universo

Nesta ocasión escribo para presentarvos un mural feito polos alumnos de 1º, 2º e 3º. Trátase dun mural do Universo, onde figuran o Sol e os oito planetas na orde na que se atopan. Os nenos e nenas colorearon ditos planetas, así como o Sol, e logo colocaron os seus nomes e algunhas estrelas. Para rematar pegaron un cohete onde figuraban os seus nomes. ¡Menudos astronautas!













2 comentarios:

  1. Ola, son Rosalía e gustáronme moito os planetas, o meu preferido é Xúpiter. Pasámolo moi ben coloreándoos, recortándoos e poñéndolles o nome a cada un deles o seu.

    ResponderEliminar
  2. (Irene) Ola Rosalía, alégrome de que che gustaran os planetas e tamén me alegro de que andes por aquí trebellando cas novas tecnoloxías ;)
    Así que o teu preferido é Xúpiter? O máis grande!(aínda que no mural os tamaños varían da realidade)Pois nada Rosalía, agora toca agardar a ver que nos espera no seguinte tema, para ver se podemos facer outro mural... Un biquiño :)

    ResponderEliminar