26 feb 2011

5000 visitas!

Fai catro meses, abrín este blog co apoio de todo o equipo de mestres, para compartir con vós o día a día deste centro.  Ó principio, coincidindo co inicio da miña actividade docente, recoñezo que estaba un pouco perdida e non sabía como enfocar o contido e estrutura deste blog; pero pouco a pouco esta ventaniña foise abrindo, grazas ás ideas propostas polos meus compañeiros, grazas ós nenos e nenas que saen en cada imaxe, grazas ás familias, grazas a todos os que vos pasades por aquí, grazas a todos os que comentades,...en definitiva: ¡grazas a todos vós!
Onte, 25 de febreiro, este blog alcanzou as 5000 visitas, por iso con moito cariño e ilusión quero darvos as grazas e dicirvos que seguiremos traballando para que poidades ver nesta ventaniña todo o que fan eses pequenos garandes artistas, que temos como alumnos e alumnas. E como agasallo compuxen para vós un vídeo de fotografías realizadas neste curso 2010/2011.



Nesta ocasión tócame preguntarvos cal é a vosa opinión sobre este blog. Agradeceranse non so os bos comentarios, tamén as críticas, posto que axudan a mellorar. Algunha proposta de cambio?Algo que engadir?Algo que quitar?

2 comentarios:

  1. Moitísimas grazas a ti, Irene, a todos e todas vós. Para nós é moi agradable poder ver todo este traballiño que nos amosas case a diario e co que ademais logras transmitir moita ilusión e cariño hacia os nosos nenos e nenas. Abonda con ver as cariñas deles en tódalas fotos dese estupendo video que montaches, vense felices ó tempo que aprenden un montón de cousas... Que máis podemos pedir?
    Penso que só agradecer e desexarvos a todos (nenas, nenos, mestres e mestras) que sigades a compartir e vivir moitos momentos -neste cole ou en calquera outro- tan chulos como os que nos levas ofrecido durante estes catro meses.
    MOITAS GRAZAS!!!

    PD Pides críticas para axudar a mellorar o cal me parece moi intelixente pola túa parte pero levo un pedazo dándolle voltas e non se me ocorre nada que poida ser mellorable ;)

    ResponderEliminar
  2. (Irene) Sabela, non me tes que dar as grazas, ó fin e o cabo é o meu traballo e disfruto cada día co que fago. Por iso, eu tamén desexo igual ca ti que, mestres e alumn@s, sigamos compartindo momentos tan bos como os que considero que estou vivindo agora ;)
    Eu si que teño que agradecerche a ti o seguimento que fixeches do blog dende o momento un(e que segues a facer), non só botando unha ollada senón tamén comentando e deixando incluso, en ocasións, que Rosalía e Paulo desen a súa opinión. Moitas grazas!

    ResponderEliminar