20 nov 2010

Tarde de xogos con castañas

O pasado venres, 19 de novembro, nenos e nenas de primaria e infantil xuntáronse ó remate da xornada escolar para participar en diferentes xogos con castañas. O mestre de educación física, Jacobo, encargouse da formación dos grupos, cuxa foto se pode ver a continuación, ademais de coordinar os diferentes xogos.
Equipos: verde, amarelo e marrón.
Equipos: violeta e vermello.
A continuación vemos as fotografías dos diferentes equipos en cada un dos xogos:

O xogo "Ponlle a castaña á árbore" (Adaptación do xogo: "Ponle la cola al burro")


O xogo da "Cuchara con castaña"



O xogo "Formamos palabras"



O xogo "Comecastañas"



O xogo "Mariola"


5 comentarios:

  1. Hai que ver a cantidade de actividades bonitas, divertidas, educativas... que se poden facer poñéndolle ganas, traballo e ilusión. Noraboa!
    Que felices lembrarán estas nenas e nenos xornadas coma a do venres e moitas outras! Graciñas!!!

    ResponderEliminar
  2. Grazas a ti por seguirnos a través do blog e por comentar!

    ResponderEliminar
  3. Ola!entrei no blog por mediación dunha amiga e cando vin esta entrada non podía deixar pasar a oportunidade de felicitarvos pola orixinalidade das actividades con castañas!!ademáis do divertidas e educativas que reultan para os nenos/as!
    NORABOA!!


    un saludo!
    Ali!

    ResponderEliminar
  4. (Irene) Grazas Ali por visitar o noso blog e polas felicitacións!! Gústame que outros mestres se pasen tamén por aquí!! Un bico ;)

    ResponderEliminar
  5. que lindos xogos! Moitas grazas por compartilos e inspirarnos!

    ResponderEliminar