24 nov 2010

Día do neno (20 de novembro)

O sábado, día 20, celebrouse o Día Internacional dos Dereitos do Neno, unha xornada universal que se conmemorou no noso centro ca elaboración dun mural. Antes da realización do mesmo, os alumnos e alumnas acudiron á aula de informática para aprender, a través da páxina rayuela.org, cal é a "Convención dos dereitos do neno" e que dereitos máis salientables figuran dentro da mesma. Ademais viron fotografías doutros nenos do mundo, as cales lles fixo reflexionar e, para rematar cantaron unha canción acompañados dos Lunnis.
Alumnos/as de primaria realizando o mural


Mural "O arco da vella cheo de dereitos do neno"

2 comentarios:

  1. Paréceme importantísimo que as nenas e nenos se conciencien do afortunados que son/somos simplemente porque nos tocou nacer "deste lado" do planeta. Confío en que entre todos -lunnis e bolechas incluídos- axudaremos a espertar neles valores tan necesarios como a aceptación da diversidade e a igualdade de dereitos na infancia.
    Graciñas polo voso labor neste sentido!!!

    ResponderEliminar
  2. (Irene) A min tamén me parece importantísimo, por iso precisamente quixen dedicarlle un anaco de tempo a este tema. E síntome bastante satisfeita cas aportacións que fixeron os nenos e nenas xa que se mostraron solidarios cas súas opinións. ¡Foi un debate do máis interesante!

    ResponderEliminar