O pasado venres, 29 de outubro, mestres e alumnos vestímonos de bruxas, demonios, esqueletes, pantasmas...para celebrar o Magosto, Samaín e Halloween.
Nesta celebración alumnos, tanto de infantil como de primaria, desfilaron para mostrar os seus disfraces, comeron castañas asadas, cantaron cancións, e as alumnas de 6º leron un conto de medo titulado "Peligro de muerte".
Ademais realizouse un concurso de cabazas no que participaron todos os alumnos/as do centro aportando cabazas de diversos tamaños, formas e cores, decoradas e talladas ó gusto de cada un.
A continuación pódese ver a fotografía do alumno gañador do 1º premio: Unai Blanco Eiras, ca súa cabaza que representa a "Bob Esponja".
Deseguido vemos a fotografía dos nove alumnos premiados co 2º,3º,4º,5º,6º,7º,8º,9º e 10º posto.
Tamén se celebrou, en relación ó Magosto, un concurso no que se premiaba ó alumno/a que troixera a castaña máis grande e ó que a troixera máis pequena. A continuación vemos as gañadoras cas castañas premiadas, Marta Veiga Castro e Nuria Gegunde Irimia.
E para rematar, un vídeo con fotografías da xornada do venres así como de traballos realizados polos alumnos/as.
Ohhhhh!
ResponderEliminarMoitas grazas por compartirdes esa tarde tan divertida. Que ben o debestes pasar!
Ánimo co blog, será estupendo atoparvos de cando en vez por aquí.
Saúdos!
Moitas grazas a ti, Sabela, e a todos os que vos pasades por aquí! Será un pracer compartir convosco traballos feitos polos alumn@s, festas,experiencias,etc! Grazas outra vez!
ResponderEliminar