11 nov 2010

Día da biblioteca (24 de outubro)

Para celebrar o día da biblioteca os alumnos e alumnas de primaria participaron nun concurso de marca páxinas. O obxectivo era que cada alumn@ fixera un marca páxinas, gozando de liberdade á hora de escoller os materias para facelo (papel, cartón, tela...) e decorándoo con mensaxes relacionados ca lectura. O resultado foi satisfactorio, e unha vez máis hai que agradecer ás familias a súa colaboración. 
Os alumnos premiados foron: 
- 1º premio: Rosalía (1º)
- 2º premio: María (2º)
- 3º premio: Lidia (6º)
- 4º premio: María (6º)
- e, 5º premio: Paulo (5º)

Na fotografía, arriba exposta, pódense ver os marca páxinas feitos por todos os alumnos e alumnas. ¡Grazas por participar!

E para rematar con esta entrada, os mestres queremos mandar unha mensaxe aos alumnos para que utilicen a biblioteca, non só para o préstamo de libros senón tamén como lugar de lectura e como recurso para encontrar información. ¡Non dubides en pedirnos axuda! 


2 comentarios:

  1. Que chulada o expositor de marcapáxinas!!!
    Son todos preciosos e moi orixinais, imaxino que dificilísima a labor de elixir só cinco de entre eles...
    Moitas grazas a vós por motivar ós nenos e nenas con actividades como estas que nos amosades no blog e que tanto presta ver e ler. Un saúdo!

    ResponderEliminar
  2. Si, a verdade é que con estes nenos é sempre difícil escoller os premiados, porque todos están moi ben, pero bueno aínda así sempre tratamos de transmitirlles que o importante é participar.
    Aos mestres sempre nos sorprenden cos seus traballos, por iso queremos compartilos con todos os que vos pasades por aquí!Grazas de novo!

    ResponderEliminar