O espíritu navideño invadiu o colexio enchendo a nenos e nenas de ilusión e ganas para adornar a árbore de nadal, preparar o belén, ensaiar para o festival,etc. Aquí vos deixamos un pequeno adianto en fotografías:
Adornando a árbore de nadal e o belén |
Ensaiando para o festival |
Se isto tan só son os preparativos, todo fai pensar que nos obsequiaredes cun festival ESPECTACULAR un ano máis. Vaia artistas que estades feitas!!!! ;)
ResponderEliminarA verdade é que xa tarda o Nadal: turrón, luceciñas de cores, regalos, o festival do cole...
(Irene) Os nenos xa están desexando tamén que chegue o nadal, están moi ilusionados preparando todo e o bo é que nos transmiten a nós tamén esa ilusión :)
ResponderEliminarAsique esperamos que o festival saia o mellor posible e consigamos transmitirvos esa ilusión a todos os familiares que asistades. ¡Eu non mo perdería!