Os alumnos de primaria elaboraron, dentro da materia de Coñecemento do medio, unha roda de alimentos. O obxectivo é que aprendan a alimentarse dunha forma equilibrada e saudable, é dicir, que a súa dieta conteña a cantidade axeitada de todos e cada un dos nutrientes que precisamos para ter unha saúde óptima. E a isto hai que engadir a importancia doutros hábitos saudables como: o exercicio, o descanso, a hixiene, etc.
Por un lado os alumnos de 1º, 2º e 3º fixeron unha roda onde clasificaron os alimentos en oito grupos: carne, ovos, minerais, pescado, produtos lácteos, hortalizas, froita, cereais e legumes. A continuación pode verse a imaxe da mesma:
Por outro lado, os alumnos de 4º,5º e 6º, fixeron outra roda onde clasificaron os alimentos en seis grupos: hidratos de carbono, froitas, verduras, graxas, proteínas, leite e derivados lácteos. O tamaño dos diferentes sectores correspóndese ca frecuencia na que debemos tomar os alimentos incluidos nos mesmos.
Que interesante e práctico traballo o da roda dos alimentos! Velaí a protagonista das últimas conversas na casa á hora de xantar...
ResponderEliminarPor certo, como molan os gifs animados que puxestes! Está moi chulo o blog.
Saúdos ;)
Moitas grazas! Alégrame saber que sexa tema de conversación á hora de comer....A verdade é que os nenos con este tipo de traballos entretéñense, divírtense e ó mesmo tempo aprenden!
ResponderEliminarO tema dos gifs foi precisamente por animar un pouquiño o blog, darlle vida! Graciñas!
(Irene)