11 nov 2010

O meu amigo invisible

Neste outono os alumnos e alumnas de primaria convertéronse en amigos invisibles. Cada un debería elaborar na súa casa, ca axuda das súas familias, un regalo para facer ó seu amigo ou amiga invisible. A ilusión e curiosidade manifestouse nos alumnos á hora de recibir o regalo e saber de quen procedía pero mantívose en segredo ata o último momento.
O obxectivo desta actividade é que os nenos e nenas valoren a importancia da amizade e do bo compañerismo e, ó mesmo tempo, que boten a súa imaxinación a andar creando verdadeiras obras de arte (marcos de fotografías, chaveiros, adornos, debuxos...).
A continuación, vemos un vídeo de imaxes destes artistas cas cúas obras. Parabéns!

1 comentario:

  1. hoxe tuben a oportunidade de ver este marabilloso blog encantame vese aos traballos que pasaron stes rapaces :) encantame felicidades

    ResponderEliminar