20 nov 2010

Semana da ciencia

Para celebrar a Semana da Ciencia e coincidindo ca programación, os alumnos e alumnas de primaria realizaron un par de actividades dentro da área de Coñecemento do medio natural, social e cultural. 
A primeira actividade foi realizada por todos os nenos e nenas de primaria e consiste en facer xerminar sementes e estudar os cambios que teñen lugar no proceso. Para iso trouxeron das súas casas vasos transparentes nos que introduciron algodón mollado e varias sementes (lentellas, garavanzos, fabas...) separadas para poder ver o que ocorre con cada unha delas. ¿Conseguirano? 
Alumnos/as de 1º,2º e 3º













Alumnos/as de 4º,5º e 6º














A segunda actividade, neste caso realizada só polos alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º, consiste na confección dun álbum de follas. Para iso nenos e nenas trouxeron follas de diferentes árbores que pegaron en dito álbum colocando ademais o nome da árbore á que pertence e a súa descrición (tipo de folla, simple ou composta, lobulada, lineal...).

4 comentarios:

  1. Que ilusión máis grande iso de ver cada día os avances da semente!!!
    É unha idea estupenda a do album de follas, seguro que queda chulísimo.
    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  2. (Irene) Dentro dunha temporada mostrarei no blog os resultados das sementes, a ver que sae!
    E en canto ao álbum deixarei que os nenos o leven ata casa para mostralo. Grazas por colaborar axudándolles a recoller as follas ;)

    ResponderEliminar
  3. Pois a ver, a ver... a ver se vos dá para un bo guiso de legumes ;)
    Non tes nada que agradecer Irene, é un gusto colaborar e seguir aprendendo cousiñas canda eles.

    ResponderEliminar
  4. (Irene) Ui para un guiso...a ver se non afogan antes as pobres sementes, porque teñen demasiada ansia de regalas :)
    Para min tamén é un gusto facer deste tipo de actividades con eles porque son uns nenos boísimos; e ademais ver como gozan ó mesmo tempo que aprenden, é un pracer!

    ResponderEliminar