17 feb 2011

Charla sobre incendios forestais

Hoxe, 17 de febreiro, os alumnos e alumnas do centro recibiron unha charla sobre os incendios forestais.
* Por un lado, un monitor explicou ós nenos e nenas de primaria, que son os incendios forestais, como se poden previr, como avisar en caso de encontrarnos con un, medios humanos e materiais para apagar ditos incendios, consecuencias e danos...Todo isto acompañado de fotografías, vídeos e unha canción sobre os incendios.

Alumnos/as de Primaria
* Por outro lado, outro monitor contaba ós nenos e nenas de infantil un conto titulado "Un pastor de landras" e ó mesmo tempo tamén lles facía preguntas relacionadas, como por exemplo que árbores coñecían ou que froitos se obtiñan delas. 

Alumnos/as de Infantil e un debuxo sobre o conto feito por Luana (5 anos)
¿Que vos pareceu dita charla/conto? ¿Que opinión tedes sobre este tipo de visitas do exterior?  

5 comentarios:

  1. Paulo dixo:
    A charla pareceume moi interesante, aprendín cousas novas como por exemplo o número para chamar se vemos un incendio forestal(085). Gustoume moito.

    ResponderEliminar
  2. Ola, son Rosalía. Aprendin que non se debe prender lume na natureza nin acercarse ó lume porque se hai coches os bombeiros non o poden apagar. Os traxes dos bombeiros son moi fortes para que non pase o lume por eles. Aprendemos o triángulo do lume e que hai que quedarse na casa cando hai un incendio con todo pechado e chamar por teléfono para avisar. Paseino moi ben.

    ResponderEliminar
  3. (Irene) Grazas ós dous por comentar. Está ben saber que opinades os alumnos e alumnas. Alégrome de que vos gustara e de que aprenderades, precisamente diso se trataba. Ata mañá ;)

    ResponderEliminar
  4. Hola creo que o que aprenderon,eh moi interesante e non se lles vai a olvidar,pero falando de incendios ,non sei se algunha vez fixestes cos nenos do colexio algún simulacro por si ocorre algunha incidencia e así os nenos sepan o que teñan que facer,ou teñan algún coñecemento de como actuar.Creo que sería algo a ter en conta,eh facelo algúnha vez o largo do curso.

    ResponderEliminar
  5. (Irene) Non sempre se acordan de todo, pero é certo que se quedan con aqueles detalles que máis lles interesaron.
    En canto ó simulacro: moi boa idea, sen dúbida!!Como di o refrán: "máis vale previr que curar", asique tomamos nota!!Graciñas;)

    ResponderEliminar