22 mar 2013

Día da árbore e da auga, 21 e 22 de marzo

Plantando un carballo
Regándoo
Bautizándoi co nome de "Garabullo"

Mural feito polos nen@s de Primaria







Día do pai, 19 de marzo

Nen@s de Educación Infantil cos seus calendarios personalizados
Tartarugas, para suxeitar notas, feitas polos nen@s de 1º, 2º e 3º
Xoaniñas, tamén para suxeitar notas, feitas polos nen@s de 4º, 5º e 6º


13 mar 2013

Suspéndense as clases para o día de hoxe: 13 de marzo de 2013. Tampouco haberá actividades extraescolares pola tarde (pandeireta, tenis).

8 mar 2013

Día da muller traballadora

A plena igualdade das mulleres, o respecto a súa autonomía e capacidade de decisións por riba dos convencionalismos son dereitos cuestionados en determinados ámbitos xeopolíticos ou socioculturais.
Afortunadamente hai lecturas que desde idades moi temperás rachan con estereotipos sexistas para que, ademais de divertir e entreter formen, informen e eduquen, un 8 de marzo e todos os días do ano.

1 mar 2013

Mochilas viaxeiras

Un ano máis, as mochilas viaxeiras comezan a súa andaina para chegar ata todos os fogares dos nenos e nenas deste cole. Esperamos que todos colaboredes nesta aventura e que sexa do voso agrado o contido destas mochilas. Boa viaxe lectores!