31 ene 2011

Día da paz (28 de xaneiro, 2011)

O día 30 de xaneiro é o Día da Paz, polo tanto, no noso colexio quixemos conmemorar este día.
Durante toda a semana os alumnos e alumnas fixeron actividades relacionadas ca paz, ademais de preparar uns disfraces de pombas e uns chuches en relación ca canción "Hazme un mundo de caramelo". Aquí vos deixo algunhas fotografías:


A continuación, fágovos mostra dun vídeo con fotografías para que vexades como confeccionamos o noso mural da paz. Vale máis unha imaxe que mil palabras!

De seguido, comezo co programa de actividades que se fixeron na tarde do venres 28:
* Canción "Hazme un mundo de caramelo" - a cargo de todo o colexio.
* Canción en inglés "Imagine" de John Lennon - a cargo dos alumnos e alumnas de primaria.
* Canción "Ser amigos" - a cargo dos nenos e nenas de educación infantil.
* Recitación do poema "Amigos de cores" - a cargo dos alumnos e alumnas de 1º, 2º e 3º.
* Montaxe instrumental da canción "Ding dong" - a cargo dos alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º.
* Canción "Irmaus" de Celso Emilio Ferreiro - a cargo dos alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º.
* E para rematar, estaba previsto representar a palabra PAZ no patio do colexio pero a chuvia non o permitiu.
Pois agora prestade atención ao seguinte vídeo onde veredes as actuacións destes artistas:

Xa por último remato esta entrada cun vídeo que espero que vos guste :)

24 ene 2011

As sementes

¿Recordades aquelas sementes que plantaron os alumnos e alumnas de primaria na Semana da Ciencia?
Pois teño que contarvos que a maioría destas sementes xerminaron e medraron, algunhas mesmo alcanzaron o metro de altura. Todos coidaron moi ben delas e anotaron cada semana os cambios producidos nas fabas, garavanzos, lentellas... Aquí vos deixamos unhas fotografías das mesmas:

20 ene 2011

Comezou o inverno!

A finais do trimestre pasado comezou o inverno pero estábamos tan ocupados preparando o festival de nadal que non nos deu tempo a quitar o mural do outono. Pero nada máis comezar este trimestre foi o primeiro que fixemos, aver se vos gustan os copos de neve cos que decoramos todo o colexio.


19 ene 2011

Facendo manualidades

No trimestre pasado os alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º fixeron, dentro da clase de plástica, un marco de fotografías. Dito marco foi confeccionado con cartón e la e logo adornado con pompóns, tamén feitos con la. Por último cada un elixiu engadir entre un debuxo ou unha fotografía. ¡Esperamos que vos gusten!

Podedes pinchar sobre a imaxe para vela mellor.

18 ene 2011

María Cando Cruña

María Cando Cruña estudiou no noso colexio ata que finalizou o primeiro trimestre deste curso. Cambiou de colexio pero tanto mestres como compañeir@s non nos esquecemos dela. Era unha nena traballadora, con bo comportamento, unha boa amiga, unha boa compañeira...por iso queremos desexarlle moita sorte nese novo camiño que colleu. Aquí vos deixo un vídeo con imaxes nas que sae ela, o cal lle dedico con moito cariño. (Irene)