31 ene 2011

Día da paz (28 de xaneiro, 2011)

O día 30 de xaneiro é o Día da Paz, polo tanto, no noso colexio quixemos conmemorar este día.
Durante toda a semana os alumnos e alumnas fixeron actividades relacionadas ca paz, ademais de preparar uns disfraces de pombas e uns chuches en relación ca canción "Hazme un mundo de caramelo". Aquí vos deixo algunhas fotografías:


A continuación, fágovos mostra dun vídeo con fotografías para que vexades como confeccionamos o noso mural da paz. Vale máis unha imaxe que mil palabras!

De seguido, comezo co programa de actividades que se fixeron na tarde do venres 28:
* Canción "Hazme un mundo de caramelo" - a cargo de todo o colexio.
* Canción en inglés "Imagine" de John Lennon - a cargo dos alumnos e alumnas de primaria.
* Canción "Ser amigos" - a cargo dos nenos e nenas de educación infantil.
* Recitación do poema "Amigos de cores" - a cargo dos alumnos e alumnas de 1º, 2º e 3º.
* Montaxe instrumental da canción "Ding dong" - a cargo dos alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º.
* Canción "Irmaus" de Celso Emilio Ferreiro - a cargo dos alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º.
* E para rematar, estaba previsto representar a palabra PAZ no patio do colexio pero a chuvia non o permitiu.
Pois agora prestade atención ao seguinte vídeo onde veredes as actuacións destes artistas:

Xa por último remato esta entrada cun vídeo que espero que vos guste :)

3 comentarios:

  1. Cantas ensinanzas e que ben transmitidas!!! Supoño que non as esquecerán nunca. Graciñas por compartir eses momentos tan chulos!!

    ResponderEliminar
  2. Encántame esta entrada, e máis en días como hoxe que fai falta máis que nunca educar dende a paz e rexeitar a violencia.
    Gústame ver como tanto os profes e alumnos participan conxuntamente nas actividades!
    Seguide así! Noraboa!!!

    ResponderEliminar
  3. (Irene) Estou de acordo convosco na importancia de transmitir estas ensinanzas relacionadas ca paz. Alégrome de que vos gustara! Graciñas a vós polos comentarios!

    ResponderEliminar