24 nov 2010

¡ATENCIÓN!

O espíritu navideño invadiu o colexio enchendo a nenos e nenas de ilusión e ganas para adornar a árbore de nadal, preparar o belén, ensaiar para o festival,etc. Aquí vos deixamos un pequeno adianto en fotografías:
Adornando a árbore de nadal e o belén
Ensaiando para o festival

Día do neno (20 de novembro)

O sábado, día 20, celebrouse o Día Internacional dos Dereitos do Neno, unha xornada universal que se conmemorou no noso centro ca elaboración dun mural. Antes da realización do mesmo, os alumnos e alumnas acudiron á aula de informática para aprender, a través da páxina rayuela.org, cal é a "Convención dos dereitos do neno" e que dereitos máis salientables figuran dentro da mesma. Ademais viron fotografías doutros nenos do mundo, as cales lles fixo reflexionar e, para rematar cantaron unha canción acompañados dos Lunnis.
Alumnos/as de primaria realizando o mural


Mural "O arco da vella cheo de dereitos do neno"

20 nov 2010

Tarde de xogos con castañas

O pasado venres, 19 de novembro, nenos e nenas de primaria e infantil xuntáronse ó remate da xornada escolar para participar en diferentes xogos con castañas. O mestre de educación física, Jacobo, encargouse da formación dos grupos, cuxa foto se pode ver a continuación, ademais de coordinar os diferentes xogos.
Equipos: verde, amarelo e marrón.
Equipos: violeta e vermello.
A continuación vemos as fotografías dos diferentes equipos en cada un dos xogos:

O xogo "Ponlle a castaña á árbore" (Adaptación do xogo: "Ponle la cola al burro")


O xogo da "Cuchara con castaña"



O xogo "Formamos palabras"



O xogo "Comecastañas"



O xogo "Mariola"


Semana da ciencia

Para celebrar a Semana da Ciencia e coincidindo ca programación, os alumnos e alumnas de primaria realizaron un par de actividades dentro da área de Coñecemento do medio natural, social e cultural. 
A primeira actividade foi realizada por todos os nenos e nenas de primaria e consiste en facer xerminar sementes e estudar os cambios que teñen lugar no proceso. Para iso trouxeron das súas casas vasos transparentes nos que introduciron algodón mollado e varias sementes (lentellas, garavanzos, fabas...) separadas para poder ver o que ocorre con cada unha delas. ¿Conseguirano? 
Alumnos/as de 1º,2º e 3º













Alumnos/as de 4º,5º e 6º














A segunda actividade, neste caso realizada só polos alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º, consiste na confección dun álbum de follas. Para iso nenos e nenas trouxeron follas de diferentes árbores que pegaron en dito álbum colocando ademais o nome da árbore á que pertence e a súa descrición (tipo de folla, simple ou composta, lobulada, lineal...).

15 nov 2010

Halloween

Para celebrar "Halloween", os alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º, fixeron un percorrido pola súa historia e realizaron actividades con contos, adiviñas, imaxes, etc.
Cabaza chea de adiviñas          Percorrido histórico de "halloween"

Os alumnos e alumnas de 1º, 2º e 3º celebraron dita conmemoración ca elaboración dun pequeno libro onde se recollían diferentes debuxos nomeados en inglés. 


11 nov 2010

Pequenos grandes artistas

E para que pasedes un bo rato deixámosvos un vídeo onde saen os nenos e nenas de infantil cantando e bailando:






O meu amigo invisible

Neste outono os alumnos e alumnas de primaria convertéronse en amigos invisibles. Cada un debería elaborar na súa casa, ca axuda das súas familias, un regalo para facer ó seu amigo ou amiga invisible. A ilusión e curiosidade manifestouse nos alumnos á hora de recibir o regalo e saber de quen procedía pero mantívose en segredo ata o último momento.
O obxectivo desta actividade é que os nenos e nenas valoren a importancia da amizade e do bo compañerismo e, ó mesmo tempo, que boten a súa imaxinación a andar creando verdadeiras obras de arte (marcos de fotografías, chaveiros, adornos, debuxos...).
A continuación, vemos un vídeo de imaxes destes artistas cas cúas obras. Parabéns!

Día da biblioteca (24 de outubro)

Para celebrar o día da biblioteca os alumnos e alumnas de primaria participaron nun concurso de marca páxinas. O obxectivo era que cada alumn@ fixera un marca páxinas, gozando de liberdade á hora de escoller os materias para facelo (papel, cartón, tela...) e decorándoo con mensaxes relacionados ca lectura. O resultado foi satisfactorio, e unha vez máis hai que agradecer ás familias a súa colaboración. 
Os alumnos premiados foron: 
- 1º premio: Rosalía (1º)
- 2º premio: María (2º)
- 3º premio: Lidia (6º)
- 4º premio: María (6º)
- e, 5º premio: Paulo (5º)

Na fotografía, arriba exposta, pódense ver os marca páxinas feitos por todos os alumnos e alumnas. ¡Grazas por participar!

E para rematar con esta entrada, os mestres queremos mandar unha mensaxe aos alumnos para que utilicen a biblioteca, non só para o préstamo de libros senón tamén como lugar de lectura e como recurso para encontrar información. ¡Non dubides en pedirnos axuda! 


6 nov 2010

Centenario Miguel Hernández

Por motivo del centenario del nacimiento de Miguel Hernández,  las alumnas de 6º de primaria acudieron al aula de nuevas tecnologías para hacer una pequeña investigación entorno a la vida y obra del poeta. El resultado de dicha investigación es el siguiente:
   

Biografía
Miguel Hernández Gilabert. (Orihuela, 30 de octubre de 1910 - Alicante, 28 de marzo de 1942). Poeta y dramaturgo español.
De familia humilde, tiene que abandonar muy pronto la escuela para ponerse a trabajar; aún así desarrolla su capacidad para la poesía gracias a ser un gran lector de la poesía clásica española. A partir de 1930 comienza a publicar sus poesías en revistas como El Pueblo de Orihuela El Día de Alicante. En la década de 1930 viaja a Madrid y colabora en distintas publicaciones, estableciendo relación con los poetas de la época. A su vuelta a Orihuela redacta Perito en Lunas, donde se refleja la influencia de los autores que lee en su infancia y los que conoce en su viaje a Madrid. 

Ya establecido en Madrid, trabaja como redactor en el diccionario taurino de Cossío y en las Misiones pedagógicas de Alejandro Casona; colabora además en importantes revistas poéticas españolas. Escribe en estos años los poemas titulados El silbo vulnerado Imagen de tu huella, y el más conocido El Rayo que no cesa (1936).
Toma parte muy activa en la Guerra Civil española, y al terminar ésta intenta salir del país pero es detenido en la frontera con Portugal.  Condenado a pena de muerte, se le conmuta por la de treinta años pero no llega a cumplirla porque muere de tuberculosis el 28 de marzo de 1942 en la prisión de Alicante.

Durante la guerra compone Viento del pueblo (1937) y El hombre acecha (1938) con un estilo que se conoció como “poesía de guerra”. En la cárcel acabó Cancionero y romancero de ausencias (1938-1941). En su obra se encuentran influencias de Garcilaso, Góngora, Quevedo y San Juan de la Cruz.

Obras


4 nov 2010

A roda dos alimentos

Os alumnos de primaria elaboraron, dentro da materia de Coñecemento do medio, unha roda de alimentos. O obxectivo é que aprendan a alimentarse dunha forma equilibrada e saudable, é dicir, que a súa dieta conteña  a cantidade axeitada de todos e cada un dos nutrientes que precisamos para ter unha saúde óptima. E a isto hai que engadir a importancia doutros hábitos saudables como: o exercicio, o descanso, a hixiene, etc. 

Por un lado os alumnos de 1º, 2º e 3º fixeron unha roda onde clasificaron os alimentos en oito grupos: carne, ovos, minerais, pescado, produtos lácteos, hortalizas, froita, cereais e legumes. A continuación pode verse a imaxe da mesma:
               
Por outro lado, os alumnos de 4º,5º e 6º, fixeron outra roda onde clasificaron os alimentos en seis grupos: hidratos de carbono, froitas, verduras, graxas, proteínas, leite e derivados lácteos. O tamaño dos diferentes sectores correspóndese ca frecuencia na que debemos tomar os alimentos incluidos nos mesmos.