28 may 2013

Grazas Laura!

Hoxe tocou despedirnos dunha mestra de Infantil, Laura, que estivo tres meses neste centro, á que queremos desexar moita sorte no seu camiño ;)

Aproveito para mostrarvos un cadro pintado polos nenos e nenas de Infantil ca axuda da profe Laura. Trátase do cadro "El árbol de la vida" de Gustav Klimt. Quedoulles moi ben, verdade?

Cadro pintado polos nenos e nenas de E.I
Cadro orixinal


Libros favoritos do alumnado

Esta vez o recanto de Tina, a mascota da bilioteca, encheuse cos libros favoritos dos nenos e nenas do colexio. Ditos libros pertencen á biblioteca do centro e poden ser levados, cada semana, ata as súas casas.
Deste xeito, pretendemos que os compañeiros e compañeiras se animen a ler estos libros. Boa viaxe lectores e lectoras!!

Visita CPI de Cervantes

O pasado 22 de maio, como estaba previsto, recibimos a visita dos nenos e nenas de infantil e primaria do CPI de Cervantes (acompañados dos seus mestres).











Unha vez recibidos na entrada do colexio, entramos ó ximnasio onde tiñamos preparada unha pequena benvida. Primeiro, Paulo (alumno de 6º de primaria) tocou para eles unha peza co violín e logo, cada neno e nena de 6º foi dando unha pequena explicación sobre: onde está situada Muimenta, como é o colexio, as visitas que íamos facer esa mañá, flora e fauna da Lagoa de Cospeito, lenda da mesma, restauración e inauguración do Museo da Escola Vella de Muimenta, o campo onde está situado, o poema adicado a un freixo e escrito por Xosé Crecente Vega, a igrexa vella de Muimenta e, por último, sobre Xotramu.














Logo collemos os autobuses para dirixirnos todos xuntos á Lagoa de Cospeito. Alí merendamos unha froita e subimos ata o mirador principal para observar a lagoa, así como tamén a flora e fauna que se deixaba ver. Mentres o alumnado e profesorado de ambos colexios, así como membros da ANPA de Muimenta, facía boas migas, camiñamos ata un dos miradores de madeira seguindo a ruta que rodea a Lagoa. 















A continuación, voltamos a Muimenta para visitar o Museo Pedagóxico da Escola Vella de Muimenta, situado no campo da Igrexa Vella, onde tamén aproveitaron para disfrutar dun bo rato de convivencia. Os nenos e nenas do CPI de Cervantes, acompañados dos seus mestres, realizaron a visita ó interior do museo guiados por Manuel Vila, quen lles aportou información sobre o mesmo, resolveu dúbidas e mesmo deixou que escribisen nas pizarras pequenas co pizarillo.













Chegadas case as dúas da tarde, camiñamos xuntos ata o colexio onde xogaron xuntos un anaco para logo seguir camiñando ata o Recinto Feiral onde comemos un rico xantar que rematou con agasallos: unha chapa cun debuxo que representaba este intercambio entre os dous colexios e un cadro cunha foto, pintado por Anxo Lamas, para que o CPI de Cervantes teña un recordo noso. 



Unha vez recibidos os agasallos, membros de XOTRAMU fixeron que os nenos e nenas, e mesmo os mestres, disfrutáramos de moitos xogos antigos: zancos, nabo ó caldeiro, construcións, carreira de sacos...en definitva, fixéronos pasar un anaco divertido. 



E para rematar esta boa xornada de convivencia, varios nenos e nenas do colexio, acompañados da súa mestra de pandeireta, ofrecéronnos un pequeno concerto cantando, tocando a pandeireta, as cunchas e mesmo convidándonos a todos a bailar. Tamén quedou tempo para que un mestre de Cervantes se reencontrase cunha alumna á que lle deu clase aquí en Muimenta fai xa uns cantos anos. 















Dende o centro queremos dar as grazas a todos os que fixeron posible este intercambio, ó alumnado e profesorado do CPI de Cervantes, á ANPA de Muimenta, a Xotramu, á mestra de pandeireta....e tamén ó alumnado de Muimenta. PARABÉNS A TOD@S, e ata a próxima ;)

Letras Galegas 2013

O pasado 17 de maio celebrouse o Día das Letras Galegas, polo que en días anteriores, os nenos e nenas do colexio fixeron actividades relacionadas co homenaxeado este ano: Roberto Vidal Bolaño. Algunhas das actividades, relacionadas ca vida e obra deste escritor, recolleranse no próximo número da revista escolar. 

Carteis expostos sobre a vida e obra de Roberto Vidal Bolaño
Aquí quero mostrarvos como pintaron todos os nenos e nenas do colexio o retrato de Roberto Vidal Bolaño (con témperas, ceras...):

14 may 2013

Mancomunidade 2013

Hoxe tamén se celebrou pola mañá unha carreira de atletismo do alumando de varios colexios do noso entorno. Na foto poden verse os rapaces e rapazas que participaron do noso centro, os cales merecen a noraboa xa que a maioría quedaron entre os dez primeiros postos. PARABÉNS A TOD@S!

Entrega de Premios do Concurso das Letras Galegas

Hoxe, martes 14 de maio, celebramos na Casa da Cultura da Feira do Monte o Día das Letras Galegas, xunto co colexio CPI Virxe do Monte.  
Por un lado, o mago Senin fíxonos varios trucos de maxia divertidos e entretidos, que nos deixaron a pequenos e maiores ca boca aberta. PARABÉNS!

Mago Senin
Facendo un truco de maxia co anel da profe Maryan
Marta, de 4º, comprobando que non hai truco
Jose, de infantil, convertido en mago
Por outro lado, fíxose a entrega de premios ós gañadores e gañadoras do Concurso das Letras Galegas 2013. Os premiados no noso centro foron os nenos e nenas de Educación Infantil que recibiron un libro e un  rompecabezas polos seus debuxos; e Irea Santalla Rodríguez, de 6º de Primaria, que recibiu un estoxo polo seu cartel da obra d teatro "A gatiña fachendosa". PARABÉNS A TOD@S!

     
 

10 may 2013

Excursión a Cervantes

O pasado 8 de maio, o alumnado do CEIP de Muimenta viaxou ata Cervantes nunha excursión organizada polo centro e a ANPA. Alí recibiunos o alumnado e profesorado do CPI de Cervantes cunha benvida protagonizada polos nenos e nenas do colexio con lendas, cancións e xogos. 











E por se fora pouco tamén nos amenizaron a chegada ca visita do "home-orquesta". Este músico non só tocou varias cancións con esa gran cantidade de instrumentos soando á vez senón que tamén nos fixo rir cas súas anécdotas e contestou a todas as preguntas curiosas dos rapaces e rapazas.














Máis tarde, todos xuntos visitamos o museo etnográfico dos Ancares que está formado por un hórreo e dúas pallozas. Dentro delas, os nenos e nenas interesáronse por saber como era a vida dos antigos habitantes e para que servían moitos dos utensilios que se recollen nas distintas partes de ditas pallozas (lareira, cuarto...).


Rematada a mañá, alumnado e profesorado de ambos colexios xuntámonos no comedor para xantar e contarnos cousiñas, ademais de recibir por parte deles un bonito agasallo (a figura dunha palloza feita con barro). Pola tarde, a excursión rematou cun partido de fútbol no que participaron nenos e nenas de primaria e secundaria de ambos colexios, mentres os máis pequenos compartían xogos na aula de infantil. 


Despois desta boísima xornada de convivencia, só nos queda agradecer a colaboración da ANPA e, por suposto, o trato que nos deu o profesorado e alumnado co CPI de Cervantes. MOITAS GRAZAS, agardamos a vosa visita o próximo 22 de maio ;)