14 may 2013

Entrega de Premios do Concurso das Letras Galegas

Hoxe, martes 14 de maio, celebramos na Casa da Cultura da Feira do Monte o Día das Letras Galegas, xunto co colexio CPI Virxe do Monte.  
Por un lado, o mago Senin fíxonos varios trucos de maxia divertidos e entretidos, que nos deixaron a pequenos e maiores ca boca aberta. PARABÉNS!

Mago Senin
Facendo un truco de maxia co anel da profe Maryan
Marta, de 4º, comprobando que non hai truco
Jose, de infantil, convertido en mago
Por outro lado, fíxose a entrega de premios ós gañadores e gañadoras do Concurso das Letras Galegas 2013. Os premiados no noso centro foron os nenos e nenas de Educación Infantil que recibiron un libro e un  rompecabezas polos seus debuxos; e Irea Santalla Rodríguez, de 6º de Primaria, que recibiu un estoxo polo seu cartel da obra d teatro "A gatiña fachendosa". PARABÉNS A TOD@S!

     
 

2 comentarios:

  1. Parabéns a ese equipazo de artistas que tedes en Infantil!!!
    Noraboa tamén, como non, a Irea pola súa "Gatiña fachendosa". Chulísimo, Irea!
    Hai que ver cantos éxitos!!!!

    ResponderEliminar
  2. Grandes artistas hai neste cole, quedou demostrado nesta e noutras ocasións ;)
    Grazas Sabela!

    ResponderEliminar