10 may 2013

Excursión a Cervantes

O pasado 8 de maio, o alumnado do CEIP de Muimenta viaxou ata Cervantes nunha excursión organizada polo centro e a ANPA. Alí recibiunos o alumnado e profesorado do CPI de Cervantes cunha benvida protagonizada polos nenos e nenas do colexio con lendas, cancións e xogos. 











E por se fora pouco tamén nos amenizaron a chegada ca visita do "home-orquesta". Este músico non só tocou varias cancións con esa gran cantidade de instrumentos soando á vez senón que tamén nos fixo rir cas súas anécdotas e contestou a todas as preguntas curiosas dos rapaces e rapazas.














Máis tarde, todos xuntos visitamos o museo etnográfico dos Ancares que está formado por un hórreo e dúas pallozas. Dentro delas, os nenos e nenas interesáronse por saber como era a vida dos antigos habitantes e para que servían moitos dos utensilios que se recollen nas distintas partes de ditas pallozas (lareira, cuarto...).


Rematada a mañá, alumnado e profesorado de ambos colexios xuntámonos no comedor para xantar e contarnos cousiñas, ademais de recibir por parte deles un bonito agasallo (a figura dunha palloza feita con barro). Pola tarde, a excursión rematou cun partido de fútbol no que participaron nenos e nenas de primaria e secundaria de ambos colexios, mentres os máis pequenos compartían xogos na aula de infantil. 


Despois desta boísima xornada de convivencia, só nos queda agradecer a colaboración da ANPA e, por suposto, o trato que nos deu o profesorado e alumnado co CPI de Cervantes. MOITAS GRAZAS, agardamos a vosa visita o próximo 22 de maio ;)

3 comentarios:

  1. Que enriquecedores teñen que ser estes intercambios deportivos e culturais entre colexios!!
    A verdade é que os pequenos viñan encantados/as e esperando xa a visita deses novos amigos ;)
    Parabéns pola iniciativa á ANPA e ao Cole!

    ResponderEliminar
  2. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  3. Que nervios...xa quedan moi pouquiños días para que veñan a visitarnos!! Entre todos faremos para que se vaian tan contentos como nós viñemos o día 8 ;)

    ResponderEliminar