27 dic 2010

¡Merry Christmas!

Os alumnos e alumnas do colexio tamén celebraron o nadal en inglés. Velaquí algunhas imaxes do que fixeron: unha árbore chea de desexos, a felicitación do nadal en varios idiomas e as letras de "Merry Christmas".
 



Visita de Papa Noel (21-12-10)

Aquí vos deixo un vídeo con fotografías do día en que Papa Noel visitou o noso colexio....

   

20 dic 2010

¡Estades invitados ó festival de nadal!

O CEIP de Muimenta celebra o vindeiro 22 de decembro o seu festival de nadal na Casa da Cultura ás 11.30 da mañá. Estades todos e todas invitados!! Os nenos e nenas deberán estar na Casa da Cultura ás 10.30 da mañá.

Os alumnos e alumnas do centro deleitarannos coas seguintes actuacións:
·      “Buscando unha estrela” Canción infantil que interpretarán os máis pequeniños.
·       Poesía de nadal a cargo de 1º,2º e 3º.
·      “Canción de navidad”, tocada ca frauta por 4º,5º e 6º.
·      “Merry Christmas”: Panxoliña que interpretarán os nenos e nenas de infantil.
·      “Los reyes majos”: Os alumnos e alumnas de 1º,2º e 3º interpretarán esta canción.
·      “The spirit of Christmas”: Os nenos e nenas de 4º,5º e 6º representarán esta pequena obra de teatro en inglés.
·      “Rin, rin”: Panxoliña que cantarán os nenos e nenas de 1º,2º e 3º.
·      “Bo nadal”: Obra de teatro dos nenos e nenas de 4º,5º e 6º.
·      “Twinkle, twinkle little star”: Villancico en inglés para os nenos e nenas de 1º,2º e 3º.
·      “Ding dong”: Canción a cargo de 1º,2º e 3º e tamén algúns de 4º.
·     “Santa Claus is coming to town”: Panxoliña en inglés que interpretarán os nenos e nenas de 4º,5º e 6º.
·      “A volar”: Baile a cargo das nenas de 4º,5º e 6º.

17 dic 2010

Excursión (15/12/10)

O pasado mércores, 15 de decembro, alumn@s e mestres subímonos ao aotubús para disfrutar dunha xornada fóra do colexio. A continuación contámoslles pasiño a pasiño que fixemos nesta excursión:
10:30 Saída do centro dirección a Lugo.


11:20 1ª parada no Centro Comercial "As Termas" (unha vez dentro pódense ver algunhas caras de asombro).


11:25 Subimos pola cinta mecánica, un descubrimento para algúns :)


11:30 Chegamos á sala número 3 do cine e....primeira anécdota! Puxémonos tan cómodos naquela butacas que algúns non viamos a pantalla completa (a pésar de ser ben grande). Pero o mestre Jacobo buscounos unha boa solución!


11:35 Comeza a película: "Megamind"! Algúns comentan: "profe por que se apagou a luz?", "pedazo pantalla!"...


Durante a película algúns botan unha soneca, outros rín, mesmo se oe algún murmullo polo baixo pero todos nos portamos moi ben.


13:00 Ó rematar a película bostezamos, estirámonos, comentamos o que nos pareceu e mesmo imitamos a algún personaxe. ¡Todos parecen satisfeitos ca experiencia!


13:10 Chegamos ó McDonalds despois de perdernos polo camiño sacando fotos e indo ó baño...


13:15 Cada un curiusea que foi o que lle deixaron nun cestiño sobre a mesa (por suposto non nos esquecemos deses nenos que quedaron na casa enfermos, ¡tamén hai agasallo para eles!)


13:30 Eleximos o que imos comer: hamburguesa, patacas, postre...¡algúns comeron a súa primeira hamburguesa!


14:00 Chega a hora do postre e tamén a de xogar un pouco cos globos e facer algunha que outra foto.


14:30 Dirixímonos de novo cara o autobús para viaxar ata Begonte, onde visitaremos o belén electrónico.


15:30 Xa en Begonte esperamos fóra a que chegue o noso turno de visita. Xogamos un pouquiño así tamén escorrentamos o frío...


15:45 Entramos e...non nos chegan os ollos para ver tanta figura!E que asombrados nos quedamos cando se apaga a luz e todo comeza a moverse: a señora colgando a roupa, os Reis Magos visitan o neno nos seus camelos, os señores cortan a árbore, outros pescan, o muíño moe o trigo, a auga corre río abaixo,..., pero isto non é todo!Tamén anoitece, aparece a lúa, o anxo, lostrega, neva...e de novo volve a luz e remata a visita, ¡soubonos a pouco!


16:00 Volvemos ó colexio e polo camiño comentamos como foi a xornada e cantamos algunha que outra canción.


Día da Constitución (6 de decembro)

A pésar da pérdida de clases a causa da neve, non nos esquecemos de celebrar o día da Constitución. Algunhas actividades realizadas polos alumn@s de primaria foron: a lectura e posterior comentario dun conto, un rompecabezas do mapa de España e un mural onde figura a Constitución adaptada para nenos. A continuación deixámosvos algunhas imaxes:

1 dic 2010

Chegou a neve!

"Vale máis unha imaxe que mil palabras" asique aquí vos deixamos unha fotografía, ¡xuzgade vós mesmos!
Cheos de ledicia vendo a neve
E aproveitando esta entrada, deixámosvos algunhas imaxes do decorado navideño feito nas distintas aulas esta semana:
Aula de 4º,5º e 6º
Aula de 1º,2º e 3º

A orquestra

Os alumnos e alumnas de 4º,5º e 6º convertéronse en directores de orquestra, velaquí como colocaron os instrumentos, que vos parece?, fixérono ben?



















E a continuación vemos unhas imaxes dos directores en plena labor musical: