28 jun 2011

Despedida dunha bloguera

Chegou o fin de curso e polo tanto chega tamén o momento de que esta bloguera se despida. Fai xa case un ano que abrín este blog ca ilusión, sinto repetirme pero é así, de que mestres, compañeiros, alumnos, familiares e amigos puiderades ver como é o día a día do CEIP de Muimenta. Da mellor forma que sei, fun mostrándovos actividades, festas, conmemoracións, viaxes...que se levaron a cabo no centro ó longo do curso e fun recibindo unha resposta positiva pola vosa parte chegando, hoxe mesmo, ás 8.092 visitas, 15 seguidores e moitos comentarios. Polo tanto estou moi satisfeita co traballo feito, aínda que sei que é mellorable pero o importante é querer mellorar e ter á man xente sempre disposta a axudarche a facelo.
Estes días cérranse para min as portas dunha moi boa etapa no CEIP de Muimenta pero todo o que vivín estou segura de que me axudará a abrir outras cheas de ilusión e bo facer. Deste colexio lévome moi bos recordos dos nenos e nenas, dos compañeiros e compañeiras, das experiencias vividas, dos viaxes, das festas...e espero deixar tamén algunha pegada do meu paso por el. 
En fin, seguro que me queda moito por mencionar pero tampouco se trata de estenderme máis. Así que grazas a todos e cada un de vós, ós que visitastes, ós que comentastes, ós que me axudastes...a todos! Sen dúbida, entres todos fixemos este blog!
E como agasallo de despedida déixovos un tren de pasaxeiros e pasaxeiras que chegaron a este colexio, foron pasando de vagón en vagón, aprendendo e desfrutando en cada parada, facendo que os condutores das locomotoras tamén o fixeramos e, polo tanto, desexo para este tren o mellor dos destinos ;)

              
Irene Piñeiro

Festival Fin de Curso (21-06-11)

O pasado martes, 21 de xuño, o CEIP de Muimenta celebrou na Casa da Cultura de Muimenta o Festival de Fin de Curso. O espectáculo comezou ás 11 da mañá e durante dúas horas, aproximadamente, os alumnos e alumnas deleitáronnos con actuacións de diversa índole: cancións, bailes, obras teatrais e mesmo chistes. Non faltamos a esta cita mestres, familiares e amigos que desfrutamos e mesmo nos emocionamos con dito festival presentado polas alumnas de 6º de primaria.
Sen máis, déixolles cuns vídeos do festival que resumen as actuacións dos nenos e nenas do cole:

Educación Infantil

Obras teatrais

Cancións Educación Primaria

Bailes e popurrí

27 jun 2011

Concurso Letras Galegas 2011

Como todos os anos, o concello de Cospeito convocou o concurso das letras galegas. O tema deste ano era "A LOIA", en homenaxe ao libro de Lois Pereiro "Poemas para unha loia" e tamén á revista "Loia" publiada nos seus tempos de estudante en Madrid.
Explicamos aos alumnos e alumnas que a loia é un paxaro e tamén as características máis comúns desta especie. Por outra banda, xogouse un pouco coa imaxinación dos rapaces para que fixeran un relato cuxo fío condutor era unha loia que visitaba Cospeito e que se quedaba abraiada coa nosa lagoa onde atopou novos amigos. Os máis pequenos (alumnos e alumnas de educación infantil) participaron con debuxos alusivos ao mesmo tema. 
Os premiados do CEIP de Muimenta foron os seguintes:
3º PREMIADO DE EDUCACIÓN INFANTIL: Óscar Lozano Granda (5 anos)

2ª PREMIADA DE EDUCACIÓN PRIMARIA: Zaira Vázquez Crecente (3º)

3º PREMIADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA: Paulo Montero Núñez (4º)


PARABÉNS PARA OS 3 E TAMÉN PARA TÓDOL@S PARTICIPANTES!

1 jun 2011

Excursión a Marcelle Natureza (24/05/11)

O pasado martes, 24 de maio, alumnos e mestres realizamos unha excursión ó Parque Natural de Marcelle.

Nenos e nenas, divididos en dous grupos e acompañados de monitores, visitaron o parque para coñecer as diferentes especies de animais que alí se atopaban: cebras, avestruces, osos, lobos, renos... Os monitores explicábanlles ós alumnos e alumnas as características e curiosidades de cada animal. Ademais visitaron a zona de reserva onde entraron en contacto directo con algúns animais, coñeceron a "Rasca e Pica" (unha parella de lobos), participaron en talleres de marionetas, fixeron unha ruta de senderismo á beira do río Miño, aprenderon cancións, etc. O obxectivo principal destas actividades era transmitir ó alumnado a importancia de coidar o medio ambiente e os animais. Esperamos que os nenos e nenas o pasaran ben e repitan a experiencia!



30 may 2011

Letras galegas 2011



O 17 de maio celebrouse o Día das Letras Galegas homenaxeando ó autor Lois Pereiro. No centro recibimos varios "paneis informativos" sobre este autor, os cales foron colocados polos pasillos e lidos por todos os alumnos e alumnas. Ademais a nivel de aula, os respectivos mestres de lingua galega explicaron ós nenos e nenas a vida e obra de Lois Pereiro e fixeron fichas sobre o mesmo. Algunhas destas actividades realizadas sobre o homenaxeado serán publicadas na revista do centro, a cal está sendo elaborada en conxunto polo equipo docente e o alumnado.



Ademais, o mércores día 18 os alumnos e alumnas foron ó pavillón da Feira do Monte para celebrar as Letras Galegas xunto cos alumnos e alumnas do CPI Virxe do Monte. As actividades foron as seguintes:
- Para Educación Infantil e 1º ciclo de Primaria: xogos tradicionais relacionados co autor homenaxeado e obradoiro de cancións populares galegas.
- Para 3º ciclo: obradoiro de traxes rexionais galegos con material de refugallo.

18 may 2011

Xogando a béisbol

O pasado venres 13 de maio os alumnos e alumnas de primaria recibiron a visita dun xogador de béisbol. Nun primeiro momento mostroulles o material preciso para practicar este deporte: guante, pelota, bate...
Logo explicoulles como se xoga, onde deben colocarse, cando un xogador está eliminado, cando se consegue facer unha carreira, etc. Comezaron facendo uns pases e remataron xogando a béisbol como uns verdadeiros profesionais, ata espertou a competitividade entre ambos equipos. Dende aquí damos as grazas a Suso por vir e animamos a todos os nenos e nenas a practicar este deporte.

10 may 2011

Series infantís da tvg

Estimad@s amig@s:
OQO editora
ten o pracer de anunciarvos que a canle
dúas series infantís de animación audiovisual feitas en Galicia e en galego por
sección audiovisual da editorial:
tvG2 comezará emitir en maio OQO filmes,Caracois e Os contos do Camiño.
A partires do
pequenos e pequenas (entre 2 e 4
anos de idade) gozarán coas
aventuras duns animaliños de
xardín en
Horario:
De luns a venres.
Tamén con esta periodicidade
semanal comezará a súa emisión
o
Deste xeito, os rapaces de 3 a 7
anos poderán recoñecer novas
versións de relatos que marcaron
a evolución de distintas culturas.
Horario:
día 16 Os contos do Camiño.17 a 17.30 h
De luns a venres.
Os rapaces terán a oportunidade de volver gozar das historias de contos tan coñecidos para
os cativos como
Tom e Rata Tomasa, A incríbel historia da nenapaxaro e o galopín...
A bruxa regañadentes, Corre corre, cabaciña, Chocolata, Ollobrusco, Rato
Mais, desta vez, os personaxes cobrarán vida en formato audiovisual e as súas aventuras
tantas veces lidas e relidas por milleiros de cativos grazas ao fondo das vosas bibliotecas
poderán seguilas na canle
Nas dúas series,
ilustrados da editorial ao formato audiovisual, a través da técnica de animación en
tvG2.OQO filmes sección audiovisual de OQO editoraadaptou os álbumsstopmotion.
E, ao igual que cos libros, a filosofía de ambas remite a unha aposta por un
entretemento para os cativos
contadas, sexa en libro ou en filmes.
Tere

5 may 2011

Visita dunha contacontos da editorial Kalandraka

O pasado martes, 3 de maio, unha contacontos da editorial Kalandraka (acompañada dun músico) visitou o centro para facer gozar a todos os nenos e nenas durante un anaco de tempo. Todos escoitaron entusiasmados os contos, ao ritmo da música, e mesmo participaron cantando e facendo palmas. Os contos foron: "A familia C", "O mago goma" e "O elefante Pancho", todos da editorial Kalandraka. O músico ademais de tocar ao ritmo dos contos tamén nos mostrou os instrumentos que traía a explicou aos nenos e nenas cales eran as partes do acordeón. Moitas grazas pola visita e ata a próxima!

1 may 2011

Concurso de debuxo e relato Filloa 2011

 A comisión organizadora da Moexmu convocou a duodécima edición do concurso de debuxo e relato Filloa 2011, cuxa entrega de premios se celebrou hoxe mesmo no transcurso dos actos da Festa da Filloa.
O tema sobre o que xiraban os traballos nas dúas modalidades de concurso era o río Miño. O certamen dividiuse en tres categorías en ambas modalidades: ata os sete anos (primeira), de oito a once (segunda), e de doce a dezaoito anos (terceira). En todas elas otorgáronse tres premios.
Una vez máis, os nenos e nenas do CEIP de Muimenta están de noraboa. A continuación fago mostra de todos os premiados xunto co seu deseño e algunhas fotografías sacadas hoxe mesmo na recollida de premios. Parabéns, non so para eles, senón tamén para todo o alumnado que participou!
- CATEGORÍA (ata 7 anos) DEBUXO:
1º PREMIO: Marta Veiga Castro "Pescando filloas no río Miño"

2º PREMIO: Unai Blanco Eiras "O Miño e as filloas: dous tesouros galegos"











- CATEGORÍA (ata 7 anos) RELATO:
1º PREMIO: Rosalía Montero Núñez "Dous nenos trastes, a filloa e o río Miño"












- CATEGORÍA (12-18 anos) DEBUXO:
3º PREMIO: Lidia Lamas Díaz "As filloas cruzan o río Miño"

30 abr 2011

As mochilas viaxeiras comezan a súa andaina!

O pasado venres, 29 de abril, seis mochilas viaxeiras comezaron a súa andaina nas costas de seis nenos e nenas. Estas mochilas cargadas de contos, xogos de ordenador, películas, revistas... visitarán os fogares de todos os alumnos e alumnas do cole para que estes poidan desfrutar delas cas súas familias. O obxectivo principal é transmitir a importancia do hábito lector tanto a nenos e nenas como ás súas familias. Non se trata de ler e ver todo o material que contén a mochila senón de escoller aquel que máis lles guste para pasar un bo rato con el. 
Ademais cada mochila contén un "libro viaxeiro" que todos deberán encher, ca axuda da familia, de contos, pasatempos, refráns, debuxos...en definitiva, o que queiran. Xunto a este libro viaxeiro recóllese tamén un contrato no que todos se comprometen a coidar o material e tamén a participar na actividade.
Desde o centro esperamos que tanto os nenos e nenas como as familias desfruten desta mochila. Boa viaxe!

XX Festa da Mancomunidade (16 de abril)

E parece que estos días estamos de sorte porque esta semana catro alumnas do colexio recibiron dous trofeos posto que gañaron nunha carreira que se celebrou o pasado 16 de abril en Outeiro de Rei, co motivo da celebración da XX Festa da Mancomunidade. En dita carreira participaban nenos e nenas dos concellos de Cospeito,  A Pastoriza, Castro de Rei, Abadín e Outeiro de Rei. As competicións que se levaron a cabo non so foron de atletismo senón tamén de fútbol sala, xadrez, baloncesto... 
Velaquí unha fotografía das catro gañadoras posando cos trofeos (de esquerda a dereita): Sandra Lamas Díaz, Irea Santalla Rodríguez, Lidia Lamas Díaz e Nuria Gegunde Irimia. Noraboa para estas grandes deportistas!

29 abr 2011

Rosalía Montero Núñez: finalista no concurso "Deseña unha xoia para a túa nai"

"Deseña unha xoia para a túa nai" é un concurso organizado polo Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia, no que este ano participaron cerca de cinco mil nenos e nenas de todo Galicia. Entre ditos nenos e nenas están algúns do noso centro que quixeron mostrar a súa creatividade e imaxinación deseñando unha xoia para agasallar ás súas nais co gallo da celebración do día da nai.
Dende o centro queremos dar a noraboa a todos eses nenos e nenas que participaron e, dun xeito máis especial a Rosalía Montero Núñez, que quedou finalista xunto con outros vinte nenos e nenas, na categoría de 5 a 7 anos. Ademais desexámoslle moita sorte pois mañá celebrarase un acto no que se seleccionarán a doce premiados dos oitenta finalistas, para conseguir deste xeito que as xoias deseñadas se convirtan en xoias de verdade. Para máis información podedes facer click sobre o deseño da xoia feito por Rosalía:

Rosalía no acto de recollida de diplomas en Santiago.

26 abr 2011

Día do Libro (23 de abril, 2011)

Co gallo da celebración do Día do Libro os alumnas e alumnas foron agasallados cun libro e unha flor vermella. Ditos libros trouxéronnos das súas casas e logo foron sorteados, sendo esta unha maneira de renovar a súa biblioteca da casa. Ademais cada neno e nena do colexio fixo unha flor con cartolina para agasallar a aquel compañeiro ou compañeira que lle tocou o seu libro. Vexan de seguido algunhas imaxes:

Semana Santa

Pasada xa a Semana Santa, quero que vexades algunhas mándalas relacionadas con esta celebración e uns ovos de Pascua que colorearon os alumnos e alumnas de primaria na área de inglés:










Chegou a pequena primavera!

Hai xa unhas semaniñas que os nenos e nenas de educación infantil celebran a chegada da primavera. Aínda son moi pequenos para percatarse do cambio das estacións pero iso non significa que non desfruten do bo tempo xogando na area, recollendo flores... A continuación móstrovos un mural e algúns traballos feitos por estes pequenos grandes artistas:

9 abr 2011

Chegou a primavera!

Chegou a primavera e con ela o bo tempo e as ganas dos nenos de xogar fóra, recoller flores para agasallar ós mestres...é dicir, para min unha estación que os enche de ledicia. E como non podía ser menos os nenos e nenas de primaria decoraron a entrada do colexio cun mural sobre a primavera, e tamén fixeron algúns debuxos:

Día da auga

O 22 de marzo celébrase o Día Internacional da Auga, un recurso indispensable para a vida do planeta. Dada a súa importancia, no CEIP de Muimenta tamén adicamos un tempo a esta celebración. Cada alumno aportou unha gota de auga ó mural que se ve na imaxe, facendo nela un debuxo e escribindo unha mensaxe relacionada ca auga. Ditas mensaxes falaban da contaminación da auga, do aforro dela, da importancia que ten para os seres vivos, da escaseza de auga potable, das actividades nas que a utilizamos...
O obxectivo desta actividade é concienciar aos nenos e nenas da importancia da auga para que adopten unha conduta responsable ante o seu consumo e tamén á hora de mantela limpa polo benestar de todos. 

6 abr 2011

Pau de chuvia

Antes de nada quero pedir perdón, sobre todo aos seguidores deste blog, porque nas últimas semanas non puiden andar por estes lares como desexara, pero espero irvos contando as novidades pouco a pouco.
Comezo presentándovos un instrumento musical chamado "pau de chuvia", feito polos alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º. Tal e como o seu nome indica, este instrumento produce un son semellante á chuvia, tan só con móvelo lentamente. Para confeccionar dito instrumento estes músicos empregaron rolos de papel que uniron con cinta adhesiva e logo decoraron aos seus gustos. Dentro meteron grans de café e lentellas que se van colando por entre unha espiral de cartón e producindo o son antes mencionado. Por último, cerraron ambos extremos do tubo tamén con cinta adhesiva.
É aquí, na miña opinión, unha forma sinxela e divertida de crear música. Que opinades?

17 mar 2011

Unha alfombrilla para o rato do ordenador

¿Lembrades o disfraz que levaban os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º, na pasada festa do entroido? (Só tedes que botar unha ollada máis abaixo). Pois ben, para aproveitar o material que nos sobrou, unhas láminas de goma eva cor verde, ditos alumnos e alumnas fixeron unha alfombrilla para o rato do ordenador. Como se levarán o rato e a ra? Que vos parece está rápida e sinxela manualidade?


14 mar 2011

Festa do Entroido (04/03/11)

Non pensedes que me esquecín de mostrarvos a festa do Entroido, que celebramos no centro o venres 4 de marzo, vestidos de animais. No seguinte vídeo poderedes ver como os nenos e nenas preparan os seus disfraces, ensaian as actuacións e se visten momentos antes da festa. Unha vez disfrazados de xoaniñas, ras e pingüíns os alumnos e alumnas fannos gozar cas súas actuacións e xa por último, unha alumna de 6º lenos o testamento do meco antes de que este fose devorado polas chamas.

TESTAMENTO DO MECO:
Este ano coma todos
o meco imos queimar
pero antes de facelo
unhas verbas os vou dar.

O feito que aquí nos trae
é unha nobre tradición,
pero non vos poñades tristes
nin perdades a razón.

Desexo que destas chamas
xurda un bo sentimento,
e así vos poida ler
seu sincero testamento.

Estade todos calados,
estade todos atentos,
que con estas estrofiñas
quero deixarvos contentos.

Prega por noso Jacobo,
que nos fai correr a raudais,
que fixo que o ano pasado
España gañara os Mundiais.

En fútbol e baloncesto,
en jockey e balonmán,
o noso profe Jacobo
a todos fixo gañar.

Se queredes unha profe
que amosa a súa ledicia,
entón chamamos a Ángeles
que nos dea unha caricia.

Ten que ser en lingua propia,
ten que ser no noso galego
Ángeles sempre nos fala
do noso pobo labrego.

Este boneco nos deixa
para tódolos presentes
amor, saúde e paz
para agora e para sempre.

A  nosa querida Irene
quere o meco agasallar
cun pouquiño de sosego
tras de tanto traballar.

E pide para ela e Jacobo
que o futuro lles depare
os mellores dos destinos
e que Deus sempre os ampare.

E falando de destinos
quérovos recordar
a nosa profe de idioma
que no noso cole foi parar.

Pedímosche profe Maryan
en inglés,castelán e galego
fica aquí por moitos anos,
neste cole de bos nenos.

Que aínda que ti nos digas,
moitas veces “silence please”
se quedas aquí connosco
vas ser moi feliz.
Ai boneco,bonequiño,
que nos queres ti contar
da nosa “Dire” Teresa
que o noso carón sempre está.

Déixalle a túa paciencia,
déixalle o teu valor,
para guiar con atino,
este “barco de vapor”.

O mellor do testamento
deste vello espantallo
ten que ser para os nosos nenos,
e ser o mellor agasallo.

El quere vervos felices
vos desexa un bo futuro
el sabe que non é fácil,
sabe que é un traballo duro,
pero entre todos faremos,
que o consigades, seguro.

Estas breves palabras,
que o monicreque deixou
non quero que as esquezades,
saíron do corazón.

Antes que o lume queime
a palla do bonachón
facédeme unha promesa:
QUERÉDEVOS MOGOLLÓN!

El Progreso (A Chaira) Martes, 8 de marzo, 2011

10 mar 2011

Obra de teatro "Os narigudos"

O pasado venres, 4 de marzo, mestres e alumnos gozamos dunha obra de teatro titulada "Os narigudos", no Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo. Este espectáculo de títeres, levado a cabo por Taxarina Títeres e programado por Novacaixagalicia, comezou ás dez e durou aproximadamente uns cincuenta minutos.

Esta obra de monicreques de luva e variñas, salpicado de momentos de humor e cancións en directo, onde se pretende dar a coñecer a importancia da boa comunicación, do compañerismo, do amor e do respecto mutuo.

O argumento é o seguinte: "Na Illa dos Narigudos todo son problemas. Pola culpa do seu enorme nariz, bailes e namoramentos rematan sempre en amargas disputas. Bartola é escollido para ir á procura da solución á casa do Chan Tanda, o home máis sabio do mundo. Máis...ai!...a vida está chea de tentacións. E se puidese trocar o seu nariz por un máis pequeno? (...)"

9 mar 2011

Semana do Entroido

¿Queredes saber como celebramos o Entroido no C.E.I.P de Muimenta? 
Dende o luns ata o xoves, tanto mestres como alumnos/as, disfrazámonos de acordo cas seguintes frases:
LUNS: O Entroido empeza, adorna a túa cabeza.
MARTES: Con gafas e pintura mostrarás a túa cara dura.
MÉRCORES: Continuamos para adiante e traeremos o pescozo elegante.
XOVES: Para que esperte a risa prepara a chaqueta e a camisa.
Ademais ó longo da semana preparamos un mural formando un anteface xigante cuns antefaces pequenos que cada alumno ou alumna trouxo da súa casa adornado ou coloreado ca axuda da familia.
xoves, os mestres quixemos darlle unha sorpresa ós nenos e nenas, preparando para eles produtos típicos do Entroido, e aproveitando a ocasión para dar a benvida a tres novos nenos que se incorporaron recentemente ó centro.
Para rematar, tamén ensaiamos e preparamos para a festa do Entroido, tanto os disfraces como as actuacións e o meco. As imaxes desta festa, celebrada o venres 4 de marzo, poderedes velas nunha entrada posterior.


¿Que vos parece a semana do Entroido que pasamos? ¿E o que fixemos?

28 feb 2011

O reloxo das estacións do ano

Nesta ocasión quero mostrarvos "o reloxo das estacións" feito en coñecemento do medio, polos alumnos e alumnas de 1º, 2º e 3º.  Trátase dun mural dividido en catro partes: as catro estacións do ano, cun debuxo relacionado con cada unha. Ademais tamén figuran en dito mural os doce meses do ano que deberán sinalar cunha agulla que parte do centro, onde están a nube e o sol, tamén colocados de acordo co tempo que fai en cada estación. Como sempre, déixovos unhas imaxes, para que vexades mellor como é dito reloxo:
























¿Que vos parece a actividade? ¿Quedarase o reloxo sen pilas ou conseguerei que os nenos e nenas manteñen a agulla no seu lugar?