28 jun 2011

Despedida dunha bloguera

Chegou o fin de curso e polo tanto chega tamén o momento de que esta bloguera se despida. Fai xa case un ano que abrín este blog ca ilusión, sinto repetirme pero é así, de que mestres, compañeiros, alumnos, familiares e amigos puiderades ver como é o día a día do CEIP de Muimenta. Da mellor forma que sei, fun mostrándovos actividades, festas, conmemoracións, viaxes...que se levaron a cabo no centro ó longo do curso e fun recibindo unha resposta positiva pola vosa parte chegando, hoxe mesmo, ás 8.092 visitas, 15 seguidores e moitos comentarios. Polo tanto estou moi satisfeita co traballo feito, aínda que sei que é mellorable pero o importante é querer mellorar e ter á man xente sempre disposta a axudarche a facelo.
Estes días cérranse para min as portas dunha moi boa etapa no CEIP de Muimenta pero todo o que vivín estou segura de que me axudará a abrir outras cheas de ilusión e bo facer. Deste colexio lévome moi bos recordos dos nenos e nenas, dos compañeiros e compañeiras, das experiencias vividas, dos viaxes, das festas...e espero deixar tamén algunha pegada do meu paso por el. 
En fin, seguro que me queda moito por mencionar pero tampouco se trata de estenderme máis. Así que grazas a todos e cada un de vós, ós que visitastes, ós que comentastes, ós que me axudastes...a todos! Sen dúbida, entres todos fixemos este blog!
E como agasallo de despedida déixovos un tren de pasaxeiros e pasaxeiras que chegaron a este colexio, foron pasando de vagón en vagón, aprendendo e desfrutando en cada parada, facendo que os condutores das locomotoras tamén o fixeramos e, polo tanto, desexo para este tren o mellor dos destinos ;)

              
Irene Piñeiro

9 comentarios:

  1. NOraboa polo teu traballo e dedicación Ire!!!eres a mellor das mestras!estou segura!:)

    Deséxoche o mellor nesta etapa que comeza para ti!
    UN BICO ENORME!
    Ali

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas Ali, pero non merezo semellantes palabras. Pódoche asegurar que me encanta o meu traballo e que o fago con moita ilusión pero estou moi lexos de ser a mellor mestra. Queda aínda moito camiño por recorrer, moitas pedras nas que tropezar... e nalgún recanto de Galicia está o meu próximo destino no que parar ;)(que poético me quedou o comentario)
    En fin, espero terte moi pronto entre nós (xa me entendes) Biquiños!

    ResponderEliminar
  3. noraboa polo traballo conseguido neste blog!!! pouco a pouco foi collendo forma e facendo que fose de todos compartindo as vosas experiencias!!!

    encántame o significado do tren :-)

    ResponderEliminar
  4. Moitas grazas a ti polo seguimento ;)Non quero repetirme pero o mérito é compartido, sen a participación de todos este blog non sería o que é!
    Pois espero que o tren ó que ti estás subida teña tamén o mellor dos destinos e chegues a formar parte da locomotora moi pronto ;)

    ResponderEliminar
  5. Este blog gustame moito e entro nel sepre que poido.
    Para Irene, a mellor

    ResponderEliminar
  6. somos Nuria Irea e Sandra e desexamosche un bo nadal vennos ver e que che traigan moitas cousas os reis magos e tamen papa noel BICOS E ABRAZOS

    ResponderEliminar
  7. Oooohhh que sorpresa rapazas!!
    Lidia, alégrome moito de que che guste o blog e espero verte prontiño para que me contes como che vai no "insti" jeje! Seguro que ben, non espero menos de ti :)
    Nuria, Irea e Sandra, que bonitos desexos! Son todos para min? Parece que non vos esquecestes de min...que mellor agasallo ca ese me poden traer os Reis ou Papa Noel?
    Fareivos unha visita polo cole, en canto poda! Biquiños

    ResponderEliminar
  8. ola son irea profe este cole nn e igual sin ti estreñato un besazo irea aver cando nos ves ver un beso :)

    ResponderEliminar
  9. De verdade pensabas que nos íamos olvidar de ti? non o penses nunca por que fuches a mellor profe e a máis boa de todas. Espero que sigas entrando neste blog para seguir comunicándonos dalgunha maneira.Espero verte pronto.
    Moitiiiiiiisimos bicos e abrazos.

    ResponderEliminar