22 dic 2012

Festival de nadal

Aquí vos deixo unha imaxes do festival de nadal que celebramos onte na Casa da Cultura de Muimenta:

Nen@s de Infantil interpretando "Muñeco de nieve"
















Obra de teatro "A chicharra folgazana" 1º, 2º e 3º
Paulo tocando o violín

Popurri de cancións de Miliki
Panxoliña en inglés, 1º, 2º e 3º
Alumn@s, obra de teatro "A visita do inspector"
Mestra e nai, obra de teatro "A visita do inspector"
Alumn@s e inspector, obra de teatro "A visita do inspector"
Baile a cargo das nenas de 4º, 5º e 6º

19 dic 2012

Programa do festival

O vindeiro 21 de decembro o CEIP de Muimenta celebra o seu FESTIVAL DE NADAL na Casa da Cultura ás 11.30 da mañá.

As actuacións serán as seguintes:

    • "El muñeco de nieve". Canción que interpretarán os nenos e nenas de Educación Infantil.
    • "A chicharra folgazana". Obra de teatro a cargo dos nenos e nenas de 1º, 2º e 3º.
    • "The dancing tree song". Panxoliña en inglés que interpretarán os nenos e nenas de Educación Infantil.
    • Actuación de Paulo con violín.
    • "Xa veñen os Reis". Interpretada polos alumnos e alumnas de 1º, 2º e 3º.
    • "English Carols". A cargo de 4º, 5º e 6º.
    • "Popurri de cancións de Miliki". Interpretadas polos nenos e nenas de Educación Primaria.
    • "The counting sone". Panxoliña en inglés a cargo de 1º, 2º e 3º.
    • "A visita do inspector". Obra de teatro que interpretarán 4º, 5º e 6º.
    • "One direction-Live while we´re young". Baile a cargo das nenas de 4º, 5º e 6º.

ESPERÁMOSVOS!

Decoración do colexio

Os nenos e nenas deste colexio traballaron arreo para que o colexio quedase decorado con motivos navideños e ademais non deixan de ensaiar as actuacións que dentro duns días interpretarán enriba do escenario ;)


Grazas ás familias por axudar a cada alumn@ a decorar os cedes que serviron para confeccionar esta bonita árbore de nadal:

 

18 dic 2012

Carta ós Reis Magos

As cartas dos nenos e nenas do CEIP de Muimenta xa están camiño de Oriente, agora tócalles agardar uns días...

12 dic 2012

Excursión ó cine (5-12-12)

Aquí vos deixo unha serie de imaxes da excursión que fixemos ó cine, o pasado cinco de decembro, para ver "El origen de los guardianes".


3 dic 2012

Visita ó Museo Pedagóxico da Escola Vella (21-11-12)

O pasado 21 de novembro, o alumnado e profesorado do CEIP de Muimenta visitaron o Museo Pedagóxico da Escola Vella de Muimenta. A entrada ó museo dividiuse en dúas partes e foi guiada por Manuel Vila (presidente de Xotramu). 
Os primeiros en entrar foron os nenos e nenas de Educación Infantil que ademais de ver todo o que se atopaba no museo puideron observar algúns libros antigos e facer debuxos nas pizarras comos nos tempos en que se estudaba naquela escola.
O segundo grupo foi o dos nenos e nenas de Educación Primaria que tamén puideron ver o museo e debuxar nas pizarras. Ademais fixeron uso das plumas e dos tinteiros. Manuel Vila respondeu ás preguntas dos rapaces e rapazas facéndoos viaxar no tempo a aqueles anos nos que a escola vella de Muimenta se enchía con case cen nenos e nenas.
Unha vez rematada a visita todo o alumnado puido desfrutar de xogos, tamén daquela época,  acompañados por membros de Xotramu (Xogos Tradicionais de Muimenta).
Grazas, dende aquí, a Manuel Vila e demais membros de Xotramu que fixeron posible esta viaxe no tempo. E parabéns a todos e a todas os que colaboraron na rehabilitación da escola e na apertura do museo. 

20 nov 2012

O magosto

Para festexar o magosto no cole alumnos e mestres xuntámonos o venres pasado, sobre as doce da mañá, no patio. Alí dividíronse os nenos e nenas en catro grupos (amarelo, verde, morado e marrón) para disfrutar dos seguintes xogos:
- Pasacastañas
- Os bolos castañeiros
- 3 castañas en raia
- Encestacastañas
- Atopa a castaña
Para rematar a festa cada un colleu o seu cucurucho e probamos as castañas asadas. 
A continuación poderedes ver un vídeo con imaxes do que vos conto:


13 nov 2012

Bichiños

Dende o ano pasado, o CEIP de Muimenta participa no deseño e confección do calendario "Estiño". Este ano trata sobre os "bichiños", por iso o recanto de Tina xa conta con libros relacionados con este tema, que os alumnos e alumnas poderán utilizar para documentarse.

9 nov 2012

A pirámide dos alimentos

Déixovos unhas fotos para que vexades como fixeron e como lles quedou, a pirámide dos alimentos, ós nenos e nenas de 1º, 2º e 3º. Espero que aprendesen moito!


7 nov 2012

Entrando no mundo dos cogomelos

Os alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º recolleron cogomelos durante estes días e troixéronos á aula para traballar con eles. Despois de coñecer as partes dun cogomelo, iniciáronse na clasificación mediante o uso de claves.

31 oct 2012

Samaín/Halloween

Como sabedes hoxe, 31 de outubro, celébrase o día do Samaín /Halloween. Neste centro levamos xa uns días decorando, facendo tarxetas e outras actividades relacionadas con esta festividade.





Pero o día máis importante, sen dúbida, foi hoxe. O centro encheuse de cabazas, decoradas e pintadas da forma máis orixinal, para participar no concurso que se vén facendo dende hai uns anos. Ademais nenos e nenas de todos os cursos viñeron vestidos para ocasión de pantasmas, bruxas, demos e outros personaxes relacionados co Samaín. Para celebrar a festa, despois do recreo, reunímonos todos os alumnos e alumnas do centro, xunto cos mestres e mestras. Comezamos pola lectura dun conto que trataba sobre o "halloween" e que leron algúns nenos e nenas de 2º e 3º. Logo vimos unha película na aula de informática e rematamos repartindo os premios para os nove gañadores. Aquí tedes un vídeo con fotos de toda a xornada...


26 oct 2012

Atréveste a ler?

Tina, a mascota da biblioteca, atópase na entrada do colexio para convidar aos alumnos e alumnas a ler algúns libros de medo que hai na biblioteca. O motivo é a chegada do samaín, o cal nos traerá a semana que vén sorpresas terroríficas jajajaja!


24 oct 2012

Día da biblioteca

Hoxe, 24 de outubro, celébrase o día da biblioteca. Por iso, os alumnos e alumnas deste centro, levan xa uns días realizando actividades relacionadas ca nosa biblioteca. Ditas actividades xiran en torno á lectura, ó funcionamento da biblioteca, contacontos... Ademais, a partir de hoxe cada neno conta cun marcapáxinas coloreado por eles mesmos no que figura a mascota da biblioteca, Tina, que foi elexida no curso pasado. Esperemos que ó longo do curso lles den moito uso :)











































































































































































3 oct 2012

Clase de taekwondo

O pasado venres, 28 de setembro, unha mestra de taekwondo acudiu ó colexio para impartir unha clase práctica deste deporte, a todos os alumnos e alumnas. Aquí vos deixo unha pequena demostración. Grazas profe!

10 sept 2012

BENVID@S!

O mércores, 12 de setembro, o CEIP de Muimenta abre as súas portas para recibir a todos os nenos e nenas, e dar comezo así ó novo curso 2012-2013. Non esquezades pasar por aquí para seguir de preto os pasiños destes artistas.


Que ninguén perda o tren ;)