28 feb 2011

O reloxo das estacións do ano

Nesta ocasión quero mostrarvos "o reloxo das estacións" feito en coñecemento do medio, polos alumnos e alumnas de 1º, 2º e 3º.  Trátase dun mural dividido en catro partes: as catro estacións do ano, cun debuxo relacionado con cada unha. Ademais tamén figuran en dito mural os doce meses do ano que deberán sinalar cunha agulla que parte do centro, onde están a nube e o sol, tamén colocados de acordo co tempo que fai en cada estación. Como sempre, déixovos unhas imaxes, para que vexades mellor como é dito reloxo:
























¿Que vos parece a actividade? ¿Quedarase o reloxo sen pilas ou conseguerei que os nenos e nenas manteñen a agulla no seu lugar? 

5 comentarios:

  1. Gustame moito a actividade! Unha maneira diferente de facer un mural sobre as estacións e seguro que aos rapaces lles resultou novidoso.
    Noraboa polo blog e polos teus traballos, son estupendos!

    ResponderEliminar
  2. Ola, son Rosalía. Paseino moi ben facendo o reloxo das estacións. A estación que máis me gusta é a primavera porque hai moitos paxariños e flores. Un bico!

    ResponderEliminar
  3. (Irene)Grazas "Tamy" por facerte seguidora do blog e comentar, tamén polas felicitacións. É un pracer facer cos nenos e nenas traballiños destes porque o pasan ben e ó mesmo tempo aprenden. Pena non poder adicar máis tempo pero a programación só o permite nalgunha ocasión.
    Rosalía alégrome de que che gustase =) A primavera xa se acerca, así que xa logo poderás gozar diso que dis. Acordádevos de mover a agulla do reloxo, que hoxe comezou marzo ;)

    ResponderEliminar
  4. Paréceme unha idea estupenda!!!

    Creo que iso do tempo (cronolóxico) é moi difícil de entender sendo tan pequenos: as horas, os días da semana algúns con cole e outros sen el, uns meses con diferente número de días ca outros, iso de que o ano comece en xaneiro e non en setembro canda o curso, aquelo de que o día en que cumpres anos non pases para o curso seguinte... En fin, paréceme que ter á vista un mural como o que fixestes -chulísimo, por certo- ten que axudar moito a que visualicen e aprendan o paso duns meses a outros, os cambios de estación...
    Ademais faime lembrar cando eu aprendín as provincias coloreando con meus pais e irmán un enorme mapa de España que despois estivo moito tempo na parede; anos máis tarde houbo que cambiar as "rexións" por "comunidades autónomas" pero a imaxe coa ubicación das provincias segue aí e máis dunha vez se me vén á memoria. E iso que desde aquela xa "cambiamos de estación" polo menos unhas cento cincuenta veces ;)
    Noraboa pola iniciativa! Un saúdo.

    ResponderEliminar
  5. (Irene) Si, é certo que eses contidos cóstalles asimilalos nos primeiros anos....
    Agora que comentas o dese mapa enorme que fixeches (unha moi boa idea por certo)...eu tamén recordo facer o típico mural dos animais onde os clasificábamos en vertebrados e invertebrados; e logo en mamíferos, aves, peixes...pegando fotos dos mesmos:)Por iso mesmo, porque os murais se quedan na memoria, e ademais son divertidos, a min gústame facelos sempre que quede un pouquiño de tempo. Quen sabe? Ó mellor cando sexan maiores se acordan daquel reloxo das estacións, jajajaja!Graciñas.

    ResponderEliminar