21 feb 2011

XORNADA CONTINUA

O vindeiro xoves día 24 de febreiro de (10:00 horas a 18:00 horas) terá lugar no centro a votación das familias para a  Xornada Continua.
CADA FAMILIA É UN VOTO :Pode votar o pai,  nai ou  titor legal. Da igual o número de fillos que se teña no centro. O voto será directo, secreto e non delegable.
DOCUMENTO IDENTIFICATIVO: O día da votación é necesario presentar o D.N.I. no momento de votar.
VOTAR É UN DEREITO QUE TEDES COMO PAIS/NAIS: Cada familia que non vote contará como un voto negativo.
Dende o centro animamos as familias a que voten, é  importante coñecer a vosa opinión.
Tere

1 comentario:

  1. Uiiiii… velaquí un tema no que seguro que non estamos tan de acordo como en tódolos tratados noutras ocasións. Síntoo, pero tamén entendo que a diversidade de opinións e as diferenzas sempre son positivas e enriquecedoras, a que si?

    Pois eu estou entre as persoas que non se alegrarán se sae adiante o cambio de xornada xa que, na miña humilde opinión, o horario actual é moi bo para os nenos/as, especialmente nos seus primeiros anos.

    Non entendo moi ben o de animarnos a votar xa que só lle vexo sentido ó voto en caso de que se queira o cambio de horario. Para manter o actual non hai que facer nada pois é o que xa temos e que só sería modificado se 14 familias (o 58% do censo) así o solicitasen mediante o seu voto, non?

    Un saúdo.

    ResponderEliminar