7 feb 2011

A que xogan os nenos e nenas no recreo?

O "CEIP de Muimenta" é un colexio con tan só 29 alumnos e alumnas: 12 de Infantil e 17 de Primaria. Como ben estaredes pensando é un colexio pequeno pero isto fai que todos os nenos e nenas se coñezan e compartan moitos xogos no tempo de lecer. En cada recanto do patio pódese encontrar a un grupo de nenos e nenas gozando de diferentes xogos, pero ditos grupos e xogos son do máis variado. Quero dicir con isto que non todos os días son os mesmos membros do grupo os que se xuntan, nin tampouco elixen os mesmos xogos.
A continuación podedes ver unha lista dos xogos (ou deportes) máis habituais e, tamén vos mostro algunhas imaxes dos mesmos:
- Fútbol
- Baloncesto
- Voleibol
- Saltar á comba
- Xogar na area
- Xogar no parque (tobogán, caseta...)
- Actividades dentro do colexio (lectura de libros, manualidades, ensaios para conmemoracións...)
- Outros actividades como xogos con aros, con pelota, malabares, bailes e cancións...





¿Credes que os nenos teñen un repertorio de xogos variado? ¿Que outros xogos lles propoñeriades? 

4 comentarios:

  1. para poucos nenos que son creo que teñen un repertorio de xogos bastante variado. Chámame a atención que no recreo se dediquen á lectura de libros (na miña época de colexio nun recordo facer eso, unico se nos quedábamos castigados)!!!

    ResponderEliminar
  2. (Irene) En realidade a lectura de libros é unha das actividades menos frecuentes, só nalgunha ocasión na que non apetece saír ó patio polo frío ou causas semellantes :) Pero, aínda así todos os luns, dispoñen dun anaco de tempo para ir á biblioteca, cos seus titores, para coller un libro que logo len nas súas casas (isto en primaria).
    Hoxe en día a lectura é moi importante, por iso tratamos de potenciala ó máximo posible, pero aínda queda moito por facer. Neste curso pretendemos informatizar a biblioteca, pero de momento andamos facendo un inventario. En realidade é Márian a que se encarga, a mestra de inglés. Bueno, estoume dando conta de que teño para facer unha entrada con este tema,jeje, non estaría mal potenciar a lectura tamén desde o blog ;)Un saúdo Andrea!

    ResponderEliminar
  3. Pois a min tamén me parecen moitas as opcións de xogo que barallades no lecer. Encántame ademais e considero moi enriquecedores algúns dos detalles que se aprecian nas fotografías: que xoguen cos seus iguais pero tamén esa mestura de idades que se ve e -como non- o aspecto non sexista do xogo entendendo que é totalmente lícito que as nenas participen no fútbol e os nenos salten á comba, por exemplo. Velaí outra importante diferenza con respecto ós nosos tempos (como di Andrea) ademais do tema da lectura que, efectivamente, dá para outra entrada no blog, ou dúas... En canto a ese tema tamén quero agradecervos o interese que creades nos nenos pola lectura co feito de traer semanalmente un libro a casa -aínda que non sempre consigamos lelo e comentalo como sería desexable- ou mesmo coa "mochila viaxeira" doutras ocasións.
    Noraboa por todestes proxectos e moito ánimo para seguir adiante con eles, desde a nosa humilde posición de nais/pais agradécese un montón ;)

    ResponderEliminar
  4. (Irene) Estou totalmente de acordo contigo, Sabela, neses detalles que comentas, e que son tan importantes. Tanto a mestura de idades como a participación en calquera tipo de xogo parece non importarlles a estes nenos e nenas. Non fai falta irse moitos anos atrás para ver o exemplo que ti pos, por un lado os nenos xogando ó fútbol e por outro, as nenas saltando á comba. Eu mesma vivín esta situación, por iso me alegra ver que hoxe en día a situación cambiou, para mellor claro.
    Polo tema da lectura, podo adiantarvos que as "mochilas viaxeiras" están a piques de romper rumbo ás casas de todos os nenos e nenas, esperando que gocen de libros, xogos interactivos... (deixarei caer polo blog algunha entrada sobre este tema).
    Dende a nosa posición tamén agradecemos a colaboración das familias, pois é un apoio moi grande á hora de propoñer actividades e levalas a cabo. Un saúdo e grazas por estes comentarios tan interesantes ;)

    ResponderEliminar