6 abr 2011

Pau de chuvia

Antes de nada quero pedir perdón, sobre todo aos seguidores deste blog, porque nas últimas semanas non puiden andar por estes lares como desexara, pero espero irvos contando as novidades pouco a pouco.
Comezo presentándovos un instrumento musical chamado "pau de chuvia", feito polos alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º. Tal e como o seu nome indica, este instrumento produce un son semellante á chuvia, tan só con móvelo lentamente. Para confeccionar dito instrumento estes músicos empregaron rolos de papel que uniron con cinta adhesiva e logo decoraron aos seus gustos. Dentro meteron grans de café e lentellas que se van colando por entre unha espiral de cartón e producindo o son antes mencionado. Por último, cerraron ambos extremos do tubo tamén con cinta adhesiva.
É aquí, na miña opinión, unha forma sinxela e divertida de crear música. Que opinades?

2 comentarios:

  1. Ola de novo! Pois os paus de chuvia vense moi chulos e alegres con tanto colorido, eu non teño nin idea de música pero pola pinta que teñen imaxino que ata soarán ben ;)
    Queda tamén moi bonita a cabeceira do blog co aspecto primaveral que lle deches. Noraboa!!!

    ResponderEliminar
  2. (Irene) Pois é un bágoa que non poida mostrarvos como soaban todos os instrumentos xuntos, semellaba que estaba chovendo auga a caldeiros :)
    Con este calorciño de verán que temos case parece que nos saltamos a estación da primavera, aínda hei ter que poñer un sol na cabeceira ;)

    ResponderEliminar