17 mar 2011

Unha alfombrilla para o rato do ordenador

¿Lembrades o disfraz que levaban os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º, na pasada festa do entroido? (Só tedes que botar unha ollada máis abaixo). Pois ben, para aproveitar o material que nos sobrou, unhas láminas de goma eva cor verde, ditos alumnos e alumnas fixeron unha alfombrilla para o rato do ordenador. Como se levarán o rato e a ra? Que vos parece está rápida e sinxela manualidade?


3 comentarios:

  1. Que sorpresa!!!
    Andaba eu navegando por aquí ó tempo que estreaba a alfombrilla nova cando de súpeto... Atópoa na pantalla! Que susto levei! jajajaja

    Quedáronvos chulísimas e a idea paréceme estupenda pois -como xa comentei- atópolle moitísimo de positivo a este tipo de disfraces pero dáme un pouco de mágoa todo o lixo que se produce con eles... Así que se aínda por riba somos capaces de reutilizalos, mellor que mellor!
    Encántanme.

    ResponderEliminar
  2. encántame a idea!!!é moi importante que os nenos aprendan diferentes formas de utilizar un material antes de tiralo!
    a parte quedaraon moi bonitas!!!
    noraboa!

    ResponderEliminar
  3. (Irene) Graciñas, alégrome que vos gusten! Recoñezo que eu tamén me fixen unha (shhhh!) porque me encantaron, aínda que tiven que poñerlle unha tiriña de ciso para que non se mova tanto ;)
    ¡Saúdos a todos os que vos pasades por aquí e graciñas!

    ResponderEliminar