Non pensedes que me esquecín de mostrarvos a festa do Entroido, que celebramos no centro o venres 4 de marzo, vestidos de animais. No seguinte vídeo poderedes ver como os nenos e nenas preparan os seus disfraces, ensaian as actuacións e se visten momentos antes da festa. Unha vez disfrazados de xoaniñas, ras e pingüíns os alumnos e alumnas fannos gozar cas súas actuacións e xa por último, unha alumna de 6º lenos o testamento do meco antes de que este fose devorado polas chamas.
TESTAMENTO DO MECO:
Este ano coma todos
o meco imos queimar
pero antes de facelo
unhas verbas os vou dar.
O feito que aquí nos trae
pero non vos poñades tristes
nin perdades a razón.
Desexo que destas chamas
xurda un bo sentimento,
e así vos poida ler
seu sincero testamento.
Estade todos calados,
estade todos atentos,
que con estas estrofiñas
quero deixarvos contentos.
Prega por noso Jacobo,
que nos fai correr a raudais,
que fixo que o ano pasado
España gañara os Mundiais.
En fútbol e baloncesto,
en jockey e balonmán,
o noso profe Jacobo
a todos fixo gañar.
Se queredes unha profe
que amosa a súa ledicia,
entón chamamos a Ángeles
que nos dea unha caricia.
Ten que ser en lingua propia,
ten que ser no noso galego
Ángeles sempre nos fala
Este boneco nos deixa
para tódolos presentes
amor, saúde e paz
para agora e para sempre.
A nosa querida Irene
quere o meco agasallar
cun pouquiño de sosego
tras de tanto traballar.
E pide para ela e Jacobo
que o futuro lles depare
os mellores dos destinos
e que Deus sempre os ampare.
E falando de destinos
quérovos recordar
a nosa profe de idioma
que no noso cole foi parar.
Pedímosche profe Maryan
en inglés,castelán e galego
fica aquí por moitos anos,
neste cole de bos nenos.
Que aínda que ti nos digas,
moitas veces “silence please”
se quedas aquí connosco
vas ser moi feliz.
Ai boneco,bonequiño,
que nos queres ti contar
da nosa “Dire” Teresa
que o noso carón sempre está.
Déixalle a túa paciencia,
déixalle o teu valor,
para guiar con atino,
este “barco de vapor”.
O mellor do testamento
deste vello espantallo
ten que ser para os nosos nenos,
e ser o mellor agasallo.
El quere vervos felices
vos desexa un bo futuro
el sabe que non é fácil,
sabe que é un traballo duro,
pero entre todos faremos,
que o consigades, seguro.
Estas breves palabras,
que o monicreque deixou
non quero que as esquezades,
saíron do corazón.
Antes que o lume queime
a palla do bonachón
facédeme unha promesa:
QUERÉDEVOS MOGOLLÓN!
Vaia chulada de vídeo. Que bonito e elaborado!!! Compensa con creces a espera pois é certo que o esperabamos con ilusión...
ResponderEliminarGrazas unha vez máis Irene, por facernos partícipes de tantas e tan divertidas actividades como estades levando a cabo no cole.
Únome ó Meco nos seus bos desexos ;) Saúdos!
(Irene) Graciñas, aínda que a calidade do vídeo deixa moito que desexar. Este tipo de vídeos dan bastante traballo porque ocupan moito, hai que comprimilos para que non vaian tan lentos..., en fin, un montón de cousas pero ó final merece a pena e moito ademais.
ResponderEliminarA min tamén me fai ilusión mostrárvolos, non vaias pensar, e tamén lle lo deixo ver ós nenos e nenas porque sei que lles encanta verse dende o outro lado :)