¿Queredes saber como celebramos o Entroido no C.E.I.P de Muimenta?
Dende o luns ata o xoves, tanto mestres como alumnos/as, disfrazámonos de acordo cas seguintes frases:
LUNS: O Entroido empeza, adorna a túa cabeza.
MARTES: Con gafas e pintura mostrarás a túa cara dura.
MÉRCORES: Continuamos para adiante e traeremos o pescozo elegante.
XOVES: Para que esperte a risa prepara a chaqueta e a camisa.
Ademais ó longo da semana preparamos un mural formando un anteface xigante cuns antefaces pequenos que cada alumno ou alumna trouxo da súa casa adornado ou coloreado ca axuda da familia.
O xoves, os mestres quixemos darlle unha sorpresa ós nenos e nenas, preparando para eles produtos típicos do Entroido, e aproveitando a ocasión para dar a benvida a tres novos nenos que se incorporaron recentemente ó centro.
Para rematar, tamén ensaiamos e preparamos para a festa do Entroido, tanto os disfraces como as actuacións e o meco. As imaxes desta festa, celebrada o venres 4 de marzo, poderedes velas nunha entrada posterior.
¿Que vos parece a semana do Entroido que pasamos? ¿E o que fixemos?
Que marabilla!!! É precioso o vídeo coa recopilación de fotos de toda a semana e se isto só foi o inicio... o venres debeu ser apoteósico!!! A verdade é que os cativos estiveron encantados toda a semana e non é para menos ;)
ResponderEliminarEu valoro moito o que facedes tódolos anos de disfrazar da mesma maneira ós nenos e nenas de cada aula sen diferenzas entre eles: iguais, sinxelos, preciosos e simpatiquísimos sempre.
Creo que é moi bo o de facelos partícipes da elaboración do disfraz, estou segura de que aprenden un montón de cousas neses tempos e, unha vez máis, dun xeito lúdico e atractivo. Grazas!
Por certo Irene, pareceume preciosa a imaxe da túa entrada (apoteósica tamén) o martes na Praza, rodeada e seguida por unha pila de nenos e nenas igualiña ó frautista de Hamelin cos seus ratiños ;)
Un saúdo.
(Irene) A ilusión de toda a semana foi compartida porque os mestres tamén estivemos encantados e, unha vez máis, conseguistes sorprendernos cas vosas ideas: gafas, perrucas, pinturas... Estivo moi ben!
ResponderEliminarEn canto ós disfraces, a verdade é que daba gusto velos a todos preparándoos cun cariño e cunha ilusión, esforzándose e ó mesmo tempo pasándo ben...¡inesquecible!
Jajajaja...o martes paseino xenial e creo que non fun a única ;) Que vergoña entrar daquela maneira, menos mal que non había moita xente nese momento. En fin, un día máxico ;)
Grazas a ti!