Co gallo da celebración do Día do Libro os alumnas e alumnas foron agasallados cun libro e unha flor vermella. Ditos libros trouxéronnos das súas casas e logo foron sorteados, sendo esta unha maneira de renovar a súa biblioteca da casa. Ademais cada neno e nena do colexio fixo unha flor con cartolina para agasallar a aquel compañeiro ou compañeira que lle tocou o seu libro. Vexan de seguido algunhas imaxes:
que boa idea!!! como todas as dos mestres deste colexio!seguro que tódolos nenos quedaron encantados e encima...cun libro novo e fomentando o hábito tan importante de ler! NOraboa unha vez máis!
ResponderEliminarAli.
Paréceme unha iniciativa moi interesante: dan, reciben, len... Seguro que para moitos deles ese libro é especial, diferente, cun significado distinto ó dos outros que poida haber na estantería.
ResponderEliminarFelicidades entón unha vez máis. A verdade é que dá gusto colaborar neste tipo de actividades. Grazas!!!
(Irene) Pois como non podía ser doutra forma, alégrome de que vos gustara a "actividade" e espero seguir colaborando en moitas coma esta. Tamén hai que dicir que sen a colaboración das familias esta actividade non sería posible, o cal se agradece, por suposto.
ResponderEliminarSaúdos ás dúas e graciñas por comentar ;)