O 22 de marzo celébrase o Día Internacional da Auga, un recurso indispensable para a vida do planeta. Dada a súa importancia, no CEIP de Muimenta tamén adicamos un tempo a esta celebración. Cada alumno aportou unha gota de auga ó mural que se ve na imaxe, facendo nela un debuxo e escribindo unha mensaxe relacionada ca auga. Ditas mensaxes falaban da contaminación da auga, do aforro dela, da importancia que ten para os seres vivos, da escaseza de auga potable, das actividades nas que a utilizamos...
O obxectivo desta actividade é concienciar aos nenos e nenas da importancia da auga para que adopten unha conduta responsable ante o seu consumo e tamén á hora de mantela limpa polo benestar de todos.
Que interesante!! Paréceme estupendo ese labor de concienciación que fixestes co tema da auga e a verdade é que se agradece un montón que nolo amosedes pois así podemos incidir tamén nós desde a casa. Grazas ;)
ResponderEliminar(Irene) Pois si, como di o refrán "dous sempre fan máis ca un" ;) Grazas a ti!
ResponderEliminar