O pasado venres, 29 de abril, seis mochilas viaxeiras comezaron a súa andaina nas costas de seis nenos e nenas. Estas mochilas cargadas de contos, xogos de ordenador, películas, revistas... visitarán os fogares de todos os alumnos e alumnas do cole para que estes poidan desfrutar delas cas súas familias. O obxectivo principal é transmitir a importancia do hábito lector tanto a nenos e nenas como ás súas familias. Non se trata de ler e ver todo o material que contén a mochila senón de escoller aquel que máis lles guste para pasar un bo rato con el.
Ademais cada mochila contén un "libro viaxeiro" que todos deberán encher, ca axuda da familia, de contos, pasatempos, refráns, debuxos...en definitiva, o que queiran. Xunto a este libro viaxeiro recóllese tamén un contrato no que todos se comprometen a coidar o material e tamén a participar na actividade.
Desde o centro esperamos que tanto os nenos e nenas como as familias desfruten desta mochila. Boa viaxe!
Que alegría saber que xa iniciaron a súa viaxe as tan esperadas mochilas!!! Por aquí xa hai quen se sinte afortunado porque lle toca xusto dentro de dúas semanas e cadra coa ponte para ter máis tempo ;)
ResponderEliminarEstamos desexando que pasen por aquí cargadiñas de entretemento e ademais enriquecidas coas aportacións de todos e todas as que as levaron antes. Que ilusión!!!
Parabéns pola iniciativa!!!
(Irene) Dende o centro, os mestres, tamén esperamos ansiosos esas aportacións, que estou segura, tan ben faredes ao libro viaxeiro. Graciñas pola colaboración!
ResponderEliminarXa a temos aquí!!!!
ResponderEliminarChegounos a mochila viaxeira de 4º e estamos que non damos feito... Buscamos a Wally, entretémonos con Gartu no ordenador, lemos Plis Plas, ata o libro "The C family" nos resulta entendible despois de telo escoitado na sesión de contacontos...
Parécenos unha mochila completísima, con contidos do máis variado e entretido.
Que ben o estamos a pasar con ela!!! Grazas!