29 abr 2011

Rosalía Montero Núñez: finalista no concurso "Deseña unha xoia para a túa nai"

"Deseña unha xoia para a túa nai" é un concurso organizado polo Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia, no que este ano participaron cerca de cinco mil nenos e nenas de todo Galicia. Entre ditos nenos e nenas están algúns do noso centro que quixeron mostrar a súa creatividade e imaxinación deseñando unha xoia para agasallar ás súas nais co gallo da celebración do día da nai.
Dende o centro queremos dar a noraboa a todos eses nenos e nenas que participaron e, dun xeito máis especial a Rosalía Montero Núñez, que quedou finalista xunto con outros vinte nenos e nenas, na categoría de 5 a 7 anos. Ademais desexámoslle moita sorte pois mañá celebrarase un acto no que se seleccionarán a doce premiados dos oitenta finalistas, para conseguir deste xeito que as xoias deseñadas se convirtan en xoias de verdade. Para máis información podedes facer click sobre o deseño da xoia feito por Rosalía:

Rosalía no acto de recollida de diplomas en Santiago.

2 comentarios:

  1. Son Rosalía, paseino moi ben debuxando a xoia. As dos demais tamén foron moi bonitas. Grazas por felicitarme.

    ResponderEliminar
  2. (Irene) Pois a todos nos gustou moito o teu deseño Rosalía. Parabéns!

    ResponderEliminar