A comisión organizadora da Moexmu convocou a duodécima edición do concurso de debuxo e relato Filloa 2011, cuxa entrega de premios se celebrou hoxe mesmo no transcurso dos actos da Festa da Filloa.
O tema sobre o que xiraban os traballos nas dúas modalidades de concurso era o río Miño. O certamen dividiuse en tres categorías en ambas modalidades: ata os sete anos (primeira), de oito a once (segunda), e de doce a dezaoito anos (terceira). En todas elas otorgáronse tres premios.
Una vez máis, os nenos e nenas do CEIP de Muimenta están de noraboa. A continuación fago mostra de todos os premiados xunto co seu deseño e algunhas fotografías sacadas hoxe mesmo na recollida de premios. Parabéns, non so para eles, senón tamén para todo o alumnado que participou!
- CATEGORÍA (ata 7 anos) DEBUXO:
1º PREMIO: Marta Veiga Castro "Pescando filloas no río Miño"
2º PREMIO: Unai Blanco Eiras "O Miño e as filloas: dous tesouros galegos"
- CATEGORÍA (ata 7 anos) RELATO:
1º PREMIO: Rosalía Montero Núñez "Dous nenos trastes, a filloa e o río Miño"
- CATEGORÍA (12-18 anos) DEBUXO:
3º PREMIO: Lidia Lamas Díaz "As filloas cruzan o río Miño"
Que eficacia, Irene! Case, case nos dás a información en tempo real!
ResponderEliminarNoraboa a Marta, Unai, Lidia, Rosalía e como moi ben puxeches ti a tódalas nenas e nenos que participaron aínda que non resultasen premiados os seus traballos. Parabéns!!!
(Irene) Seguro que moitos non poideron acercarse a Muimenta, e así deste xeito poden sentirse cerca dos gañadores ;)
ResponderEliminar