5 may 2011

Visita dunha contacontos da editorial Kalandraka

O pasado martes, 3 de maio, unha contacontos da editorial Kalandraka (acompañada dun músico) visitou o centro para facer gozar a todos os nenos e nenas durante un anaco de tempo. Todos escoitaron entusiasmados os contos, ao ritmo da música, e mesmo participaron cantando e facendo palmas. Os contos foron: "A familia C", "O mago goma" e "O elefante Pancho", todos da editorial Kalandraka. O músico ademais de tocar ao ritmo dos contos tamén nos mostrou os instrumentos que traía a explicou aos nenos e nenas cales eran as partes do acordeón. Moitas grazas pola visita e ata a próxima!

2 comentarios:

  1. Que iniciativa tan bonita e interesante!
    Seguro que nunca esquecerán esas tres historias contadas dun xeito tan especial... e ademais con música!!! Noraboa.

    ResponderEliminar
  2. Ola, son Rosalía. Gustáronme moito os contos e a música, xa me tarda que veñan mais contacontos.

    ResponderEliminar