18 may 2011

Xogando a béisbol

O pasado venres 13 de maio os alumnos e alumnas de primaria recibiron a visita dun xogador de béisbol. Nun primeiro momento mostroulles o material preciso para practicar este deporte: guante, pelota, bate...
Logo explicoulles como se xoga, onde deben colocarse, cando un xogador está eliminado, cando se consegue facer unha carreira, etc. Comezaron facendo uns pases e remataron xogando a béisbol como uns verdadeiros profesionais, ata espertou a competitividade entre ambos equipos. Dende aquí damos as grazas a Suso por vir e animamos a todos os nenos e nenas a practicar este deporte.

1 comentario:

  1. Que boa idea achegarlles "novos" deportes para complementar os que xa practican a diario. Noraboa pola iniciativa!!!

    ResponderEliminar