30 abr 2011

As mochilas viaxeiras comezan a súa andaina!

O pasado venres, 29 de abril, seis mochilas viaxeiras comezaron a súa andaina nas costas de seis nenos e nenas. Estas mochilas cargadas de contos, xogos de ordenador, películas, revistas... visitarán os fogares de todos os alumnos e alumnas do cole para que estes poidan desfrutar delas cas súas familias. O obxectivo principal é transmitir a importancia do hábito lector tanto a nenos e nenas como ás súas familias. Non se trata de ler e ver todo o material que contén a mochila senón de escoller aquel que máis lles guste para pasar un bo rato con el. 
Ademais cada mochila contén un "libro viaxeiro" que todos deberán encher, ca axuda da familia, de contos, pasatempos, refráns, debuxos...en definitiva, o que queiran. Xunto a este libro viaxeiro recóllese tamén un contrato no que todos se comprometen a coidar o material e tamén a participar na actividade.
Desde o centro esperamos que tanto os nenos e nenas como as familias desfruten desta mochila. Boa viaxe!

XX Festa da Mancomunidade (16 de abril)

E parece que estos días estamos de sorte porque esta semana catro alumnas do colexio recibiron dous trofeos posto que gañaron nunha carreira que se celebrou o pasado 16 de abril en Outeiro de Rei, co motivo da celebración da XX Festa da Mancomunidade. En dita carreira participaban nenos e nenas dos concellos de Cospeito,  A Pastoriza, Castro de Rei, Abadín e Outeiro de Rei. As competicións que se levaron a cabo non so foron de atletismo senón tamén de fútbol sala, xadrez, baloncesto... 
Velaquí unha fotografía das catro gañadoras posando cos trofeos (de esquerda a dereita): Sandra Lamas Díaz, Irea Santalla Rodríguez, Lidia Lamas Díaz e Nuria Gegunde Irimia. Noraboa para estas grandes deportistas!

29 abr 2011

Rosalía Montero Núñez: finalista no concurso "Deseña unha xoia para a túa nai"

"Deseña unha xoia para a túa nai" é un concurso organizado polo Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia, no que este ano participaron cerca de cinco mil nenos e nenas de todo Galicia. Entre ditos nenos e nenas están algúns do noso centro que quixeron mostrar a súa creatividade e imaxinación deseñando unha xoia para agasallar ás súas nais co gallo da celebración do día da nai.
Dende o centro queremos dar a noraboa a todos eses nenos e nenas que participaron e, dun xeito máis especial a Rosalía Montero Núñez, que quedou finalista xunto con outros vinte nenos e nenas, na categoría de 5 a 7 anos. Ademais desexámoslle moita sorte pois mañá celebrarase un acto no que se seleccionarán a doce premiados dos oitenta finalistas, para conseguir deste xeito que as xoias deseñadas se convirtan en xoias de verdade. Para máis información podedes facer click sobre o deseño da xoia feito por Rosalía:

Rosalía no acto de recollida de diplomas en Santiago.

26 abr 2011

Día do Libro (23 de abril, 2011)

Co gallo da celebración do Día do Libro os alumnas e alumnas foron agasallados cun libro e unha flor vermella. Ditos libros trouxéronnos das súas casas e logo foron sorteados, sendo esta unha maneira de renovar a súa biblioteca da casa. Ademais cada neno e nena do colexio fixo unha flor con cartolina para agasallar a aquel compañeiro ou compañeira que lle tocou o seu libro. Vexan de seguido algunhas imaxes:

Semana Santa

Pasada xa a Semana Santa, quero que vexades algunhas mándalas relacionadas con esta celebración e uns ovos de Pascua que colorearon os alumnos e alumnas de primaria na área de inglés:










Chegou a pequena primavera!

Hai xa unhas semaniñas que os nenos e nenas de educación infantil celebran a chegada da primavera. Aínda son moi pequenos para percatarse do cambio das estacións pero iso non significa que non desfruten do bo tempo xogando na area, recollendo flores... A continuación móstrovos un mural e algúns traballos feitos por estes pequenos grandes artistas:

9 abr 2011

Chegou a primavera!

Chegou a primavera e con ela o bo tempo e as ganas dos nenos de xogar fóra, recoller flores para agasallar ós mestres...é dicir, para min unha estación que os enche de ledicia. E como non podía ser menos os nenos e nenas de primaria decoraron a entrada do colexio cun mural sobre a primavera, e tamén fixeron algúns debuxos:

Día da auga

O 22 de marzo celébrase o Día Internacional da Auga, un recurso indispensable para a vida do planeta. Dada a súa importancia, no CEIP de Muimenta tamén adicamos un tempo a esta celebración. Cada alumno aportou unha gota de auga ó mural que se ve na imaxe, facendo nela un debuxo e escribindo unha mensaxe relacionada ca auga. Ditas mensaxes falaban da contaminación da auga, do aforro dela, da importancia que ten para os seres vivos, da escaseza de auga potable, das actividades nas que a utilizamos...
O obxectivo desta actividade é concienciar aos nenos e nenas da importancia da auga para que adopten unha conduta responsable ante o seu consumo e tamén á hora de mantela limpa polo benestar de todos. 

6 abr 2011

Pau de chuvia

Antes de nada quero pedir perdón, sobre todo aos seguidores deste blog, porque nas últimas semanas non puiden andar por estes lares como desexara, pero espero irvos contando as novidades pouco a pouco.
Comezo presentándovos un instrumento musical chamado "pau de chuvia", feito polos alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º. Tal e como o seu nome indica, este instrumento produce un son semellante á chuvia, tan só con móvelo lentamente. Para confeccionar dito instrumento estes músicos empregaron rolos de papel que uniron con cinta adhesiva e logo decoraron aos seus gustos. Dentro meteron grans de café e lentellas que se van colando por entre unha espiral de cartón e producindo o son antes mencionado. Por último, cerraron ambos extremos do tubo tamén con cinta adhesiva.
É aquí, na miña opinión, unha forma sinxela e divertida de crear música. Que opinades?