28 dic 2010
27 dic 2010
¡Merry Christmas!
20 dic 2010
¡Estades invitados ó festival de nadal!
O CEIP de Muimenta celebra o vindeiro 22 de decembro o seu festival de nadal na Casa da Cultura ás 11.30 da mañá. Estades todos e todas invitados!! Os nenos e nenas deberán estar na Casa da Cultura ás 10.30 da mañá.
Os alumnos e alumnas do centro deleitarannos coas seguintes actuacións:
· “Buscando unha estrela” Canción infantil que interpretarán os máis pequeniños.
· Poesía de nadal a cargo de 1º,2º e 3º.
· “Canción de navidad”, tocada ca frauta por 4º,5º e 6º.
· “Merry Christmas”: Panxoliña que interpretarán os nenos e nenas de infantil.
· “Los reyes majos”: Os alumnos e alumnas de 1º,2º e 3º interpretarán esta canción.
· “The spirit of Christmas”: Os nenos e nenas de 4º,5º e 6º representarán esta pequena obra de teatro en inglés.
· “Rin, rin”: Panxoliña que cantarán os nenos e nenas de 1º,2º e 3º.
· “Bo nadal”: Obra de teatro dos nenos e nenas de 4º,5º e 6º.
· “Ding dong”: Canción a cargo de 1º,2º e 3º e tamén algúns de 4º.
· “Santa Claus is coming to town”: Panxoliña en inglés que interpretarán os nenos e nenas de 4º,5º e 6º.
· “A volar”: Baile a cargo das nenas de 4º,5º e 6º.
17 dic 2010
Excursión (15/12/10)
O pasado mércores, 15 de decembro, alumn@s e mestres subímonos ao aotubús para disfrutar dunha xornada fóra do colexio. A continuación contámoslles pasiño a pasiño que fixemos nesta excursión:
11:20 1ª parada no Centro Comercial "As Termas" (unha vez dentro pódense ver algunhas caras de asombro).
11:30 Chegamos á sala número 3 do cine e....primeira anécdota! Puxémonos tan cómodos naquela butacas que algúns non viamos a pantalla completa (a pésar de ser ben grande). Pero o mestre Jacobo buscounos unha boa solución!
11:35 Comeza a película: "Megamind"! Algúns comentan: "profe por que se apagou a luz?", "pedazo pantalla!"...
Durante a película algúns botan unha soneca, outros rín, mesmo se oe algún murmullo polo baixo pero todos nos portamos moi ben.
13:00 Ó rematar a película bostezamos, estirámonos, comentamos o que nos pareceu e mesmo imitamos a algún personaxe. ¡Todos parecen satisfeitos ca experiencia!
13:15 Cada un curiusea que foi o que lle deixaron nun cestiño sobre a mesa (por suposto non nos esquecemos deses nenos que quedaron na casa enfermos, ¡tamén hai agasallo para eles!)
13:30 Eleximos o que imos comer: hamburguesa, patacas, postre...¡algúns comeron a súa primeira hamburguesa!
14:30 Dirixímonos de novo cara o autobús para viaxar ata Begonte, onde visitaremos o belén electrónico.
15:30 Xa en Begonte esperamos fóra a que chegue o noso turno de visita. Xogamos un pouquiño así tamén escorrentamos o frío...
15:45 Entramos e...non nos chegan os ollos para ver tanta figura!E que asombrados nos quedamos cando se apaga a luz e todo comeza a moverse: a señora colgando a roupa, os Reis Magos visitan o neno nos seus camelos, os señores cortan a árbore, outros pescan, o muíño moe o trigo, a auga corre río abaixo,..., pero isto non é todo!Tamén anoitece, aparece a lúa, o anxo, lostrega, neva...e de novo volve a luz e remata a visita, ¡soubonos a pouco!
Día da Constitución (6 de decembro)
A pésar da pérdida de clases a causa da neve, non nos esquecemos de celebrar o día da Constitución. Algunhas actividades realizadas polos alumn@s de primaria foron: a lectura e posterior comentario dun conto, un rompecabezas do mapa de España e un mural onde figura a Constitución adaptada para nenos. A continuación deixámosvos algunhas imaxes:
2 dic 2010
1 dic 2010
Chegou a neve!
A orquestra
28 nov 2010
24 nov 2010
¡ATENCIÓN!
Día do neno (20 de novembro)
O sábado, día 20, celebrouse o Día Internacional dos Dereitos do Neno, unha xornada universal que se conmemorou no noso centro ca elaboración dun mural. Antes da realización do mesmo, os alumnos e alumnas acudiron á aula de informática para aprender, a través da páxina rayuela.org, cal é a "Convención dos dereitos do neno" e que dereitos máis salientables figuran dentro da mesma. Ademais viron fotografías doutros nenos do mundo, as cales lles fixo reflexionar e, para rematar cantaron unha canción acompañados dos Lunnis.
![]() |
Alumnos/as de primaria realizando o mural |
20 nov 2010
Tarde de xogos con castañas
O pasado venres, 19 de novembro, nenos e nenas de primaria e infantil xuntáronse ó remate da xornada escolar para participar en diferentes xogos con castañas. O mestre de educación física, Jacobo, encargouse da formación dos grupos, cuxa foto se pode ver a continuación, ademais de coordinar os diferentes xogos.
A continuación vemos as fotografías dos diferentes equipos en cada un dos xogos:
![]() |
Equipos: verde, amarelo e marrón. |
![]() |
Equipos: violeta e vermello. |
O xogo "Ponlle a castaña á árbore" (Adaptación do xogo: "Ponle la cola al burro")
Suscribirse a:
Entradas (Atom)