20 dic 2010

¡Estades invitados ó festival de nadal!

O CEIP de Muimenta celebra o vindeiro 22 de decembro o seu festival de nadal na Casa da Cultura ás 11.30 da mañá. Estades todos e todas invitados!! Os nenos e nenas deberán estar na Casa da Cultura ás 10.30 da mañá.

Os alumnos e alumnas do centro deleitarannos coas seguintes actuacións:
·      “Buscando unha estrela” Canción infantil que interpretarán os máis pequeniños.
·       Poesía de nadal a cargo de 1º,2º e 3º.
·      “Canción de navidad”, tocada ca frauta por 4º,5º e 6º.
·      “Merry Christmas”: Panxoliña que interpretarán os nenos e nenas de infantil.
·      “Los reyes majos”: Os alumnos e alumnas de 1º,2º e 3º interpretarán esta canción.
·      “The spirit of Christmas”: Os nenos e nenas de 4º,5º e 6º representarán esta pequena obra de teatro en inglés.
·      “Rin, rin”: Panxoliña que cantarán os nenos e nenas de 1º,2º e 3º.
·      “Bo nadal”: Obra de teatro dos nenos e nenas de 4º,5º e 6º.
·      “Twinkle, twinkle little star”: Villancico en inglés para os nenos e nenas de 1º,2º e 3º.
·      “Ding dong”: Canción a cargo de 1º,2º e 3º e tamén algúns de 4º.
·     “Santa Claus is coming to town”: Panxoliña en inglés que interpretarán os nenos e nenas de 4º,5º e 6º.
·      “A volar”: Baile a cargo das nenas de 4º,5º e 6º.

2 comentarios:

  1. Estivo chulísimo!!! Canto traballiño!!!
    Que gusto dá aplaudir a esas grandes promesas ;)
    A verdade é que xa estamos esperando a "reportaxe" para desfrutalo de novo.
    Graciñas e moi boas festas!!!

    ResponderEliminar
  2. (Irene) Alégrome moito que che gustara!! A verdade é que son uns grandes artistas!!
    A "reportaxe" está en camiño...pero o tema dos vídeos leva máis tempo...a ver mañá se podo subir algo!!
    Grazas a ti por acudir ó festival e igualmente, que pasedes unhas boas festas!!Un bico ;)

    ResponderEliminar