O pasado mércores, 15 de decembro, alumn@s e mestres subímonos ao aotubús para disfrutar dunha xornada fóra do colexio. A continuación contámoslles pasiño a pasiño que fixemos nesta excursión:
11:20 1ª parada no Centro Comercial "As Termas" (unha vez dentro pódense ver algunhas caras de asombro).
11:30 Chegamos á sala número 3 do cine e....primeira anécdota! Puxémonos tan cómodos naquela butacas que algúns non viamos a pantalla completa (a pésar de ser ben grande). Pero o mestre Jacobo buscounos unha boa solución!
11:35 Comeza a película: "Megamind"! Algúns comentan: "profe por que se apagou a luz?", "pedazo pantalla!"...
Durante a película algúns botan unha soneca, outros rín, mesmo se oe algún murmullo polo baixo pero todos nos portamos moi ben.
13:00 Ó rematar a película bostezamos, estirámonos, comentamos o que nos pareceu e mesmo imitamos a algún personaxe. ¡Todos parecen satisfeitos ca experiencia!
13:15 Cada un curiusea que foi o que lle deixaron nun cestiño sobre a mesa (por suposto non nos esquecemos deses nenos que quedaron na casa enfermos, ¡tamén hai agasallo para eles!)
13:30 Eleximos o que imos comer: hamburguesa, patacas, postre...¡algúns comeron a súa primeira hamburguesa!
14:30 Dirixímonos de novo cara o autobús para viaxar ata Begonte, onde visitaremos o belén electrónico.
15:30 Xa en Begonte esperamos fóra a que chegue o noso turno de visita. Xogamos un pouquiño así tamén escorrentamos o frío...
15:45 Entramos e...non nos chegan os ollos para ver tanta figura!E que asombrados nos quedamos cando se apaga a luz e todo comeza a moverse: a señora colgando a roupa, os Reis Magos visitan o neno nos seus camelos, os señores cortan a árbore, outros pescan, o muíño moe o trigo, a auga corre río abaixo,..., pero isto non é todo!Tamén anoitece, aparece a lúa, o anxo, lostrega, neva...e de novo volve a luz e remata a visita, ¡soubonos a pouco!
Vaia crónica máis completa e detallada! Graciñas por facernos partícipes da vosa xornada de excursión.
ResponderEliminarPor certo, é boísima a foto do "antes e despois" dos elevadores e Jacobo camuflado tras deles ;)
Saúdos e a ver se puideramos vernos o día do Festival, se non contentarémonos con asomarnos a esta ventá que nos ofrecedes e desfrutalo "a posteriori".
Noraboa e grazas por este espazo de encontro!!!
Ya veo que os lo pasais en grande. Comiendo hamburguesas, en el cine, con las escalerillas mecánicas peeeero..... Os faltó una cosilla: ¿patinar sobre hielo!. La próxima vez que no se os olvide montaros los patines. Enhorabuena por el trabajo. Un saludo
ResponderEliminar(Irene)Sabela, as grazas, como sempre, temos que dalas nós, por pasarvos por aquí e deixarnos os vosos comentarios. En canto ao festival estaremos encantados de recibirvos o próximo mércores, e de non ser así esperamos poder compartilo, como ben dis ti, a través desta ventá. Un saúdo e que se mellore Rosalía.
ResponderEliminar(Irene) Óscar!!Moitísimas grazas por pasarte por aquí e comentar :) Ti tes moito que ver ca realización deste blog! Grazas polos teus consellos e en canto ó de patinar, non creas que non se acordaron os nenos, pero non quedaba tempo pa máis :)De todas formas eu non me subo eh! A primeira e última vez que probei non me foi moi ben cas caídas :D
ResponderEliminarIrene, posees la virtud de la modestia. Pero detrás de este blog hay que valorar el gran trabajo que hay en la trastienda y las horas de dedicación al mantenimiento de la página. No me queda más que darte de nuevo la enhorabuena por el trabajo. Un saludo.
ResponderEliminar(Irene) É certo que estas cousas requiren o seu tempo pero eu teño algo que me motiva moito, e son os nenos e nenas, e o contenta que estou neste centro. ¡Merece a pena o esforzo!
ResponderEliminarGrazas Óscar!!