Un ano máis este blog pecha a súa ventá despois de mostrarvos ó longo do curso: festas, conmemoracións, visitas, excursións...que espero que fosen do voso agrado. Antes, esta bloguera quere darvos as grazas ós que pasastes por aquí, ós que comentastes, ós que vos fixestes seguidores...en definitiva, a todos os que facedes posible que esta ventá se manteña aberta.
De novo, o tren do CEIP de Muimenta detense para facer unha parada que teñen moi merecida os seus pasaxeiros e pasaxeiras. Esta maquinista espera recollervos de novo en setembro para comezar unha nova viaxe. De non ser así, moita sorte a todos e a todas, principalmente ós que cambiades de tren e ós que vos montades nel por primeira vez.
Este ano, como agasallo, déixovos unhas fotos que atopei no baúl dos recordos ;)








IRENE PIÑEIRO
Este ano, como agasallo, déixovos unhas fotos que atopei no baúl dos recordos ;)

IRENE PIÑEIRO
Aquí quedamos!!! No andén, esperando que pase de novo o tren coa súa súper maquinista. En canto o avistemos botaremos a correr para subir de contado ao vagón que nos asignes e gozar doutra fantástica viaxe na mellor das compañías...
ResponderEliminarPiiiiiiii, chu cu chú...
GRAZAS!!!
Por certo, as fotos do "baúl dos recordos" son preciosas.
ResponderEliminarMoitas grazas por axudarnos a lembrar eses momentos...
Alégrome que che gusten, Sabela!
ResponderEliminarPois iso espero...que esta maquinista poida desfrutar doutra viaxe no tren do CEIP de Muimenta. Estaría encantada ;)
que guapiños que eramos votareivos de menos moito a mestres e a compañeiros querobos moito fustes unha segunda familia pra min bicooss
ResponderEliminarCreo que case me cae unha bágoa ó ver esas fotos!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! qué ano tan bon pasei!!!!! Encántame ese baúl, grazas por esa viaxe no tempo ;) O tren de Muimenta é xenial
ResponderEliminarQue montón de veces paso por aquí, e que montón de veces me acordo de vós... VIVA O TREN DE MUIMENTA!!!!
ResponderEliminar